Apolar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A auga non é unha molécula apolar. Véxase a distribución de cargas eléctricas, debido á diferenza de electronegatividade entre o O e o H.

Apolar é todo aquilo que carece de polos. Especialmente, en química, aplícase a certo tipo de moléculas.

Unha molécula é polar cando un dos seus extremos está cargado positivamente, mentres que o outro o está de maneira negativa. Cando unha molécula é apolar, estas cargas no existen.

Adóitase usar o termo hidrófobo para unha substancia apolar, debido á similitude de comportamentos con respecto á auga, o chamado disolvente universal: unha substancia é hidrófoba é aquela que repele á auga ou fuxe dela, a as substancias apolares non se disolven en agua, mesmo as que sexan líquidas (como o aceite). A auga é un disolvente polar e, por tanto, no seu seo só pode albergar moléculas polares.

Isto débese a que, a nivel microscópico, algo pode disolverse nunha substancia cando aparecen unhas pontes moleculares entre as partículas de disolvente e de soluto. Estas pontes (ou enlaces moleculares secundarios) aparecen entre as zonas con cargas de distinto signo en ambas as moléculas.

A auga é unha molécula polar (ten dúas zonas con distinta carga, positiva e negativa) e calquera substancia que se queira disolver nela ten que ser polar, para que se poidan poder establecer ditos enlaces.

Moléculas apolares[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Polaridade química.

As moléculas apolares están formadas por átomos de non metal unidos por enlaces covalentes, sempre que non exista entre eles unha diferenza de electronegatividade importante. Na práctica, as moléculas apolares poden ser:

Galería de moléculas apolares[editar | editar a fonte]