Soluto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase soluto á substancia normalmente minoritaria (aínda que existen excepcións) nunha solución, substancia que se encontra disolvida nun determinado disolvente. Na linguaxe común tamén se a coñece como a substancia que se disolve, polo que pode encontrarse nun estado de agregación diferente ao comenzo do proceso de disolución.

O máis habitual é que se trate dun sólido nun disolvente líquido (ver disolución), o que orixina unha solución líquida. Unha das características máis significativas dunha solución adoita ser a súa concentración de soluto, é dicir, a medida da cantidade de soluto contida nela.

Outra característica a considerar é a facilidade para disolverse, ou solubilidade, que poida presentar nun disolvente determinado. A solubilidade dun composto químico depende en gran medida da súa estrutura molecular. En xeral, os compostos iónicos e os moleculares polares son solúbeis en disolventes polares, como a auga ou o etanol e, os compostos moleculares apolares, en disolventes apolares como o hexano, o éter ou o tetracloruro de carbono.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]