Antonio Vázquez Trujillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Vázquez Trujillo
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

Antonio Vázquez Trujillo, nado en Santa Cruz de Tenerife o 30 de outubro de 1948, é un exfutbolista español máis coñecido como Canario, que xogaba nas demarcacións de defensa ou centrocampista defensivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou profesionalmente en Segunda División co Celta de Vigo, onde chegou en 1967 procedente do Club Deportivo Arenteiro do Carballiño. Ese ano o equipo chegaría ata as semifinais da Copa do Xeneralísimo, onde cae eliminado polo o Real Madrid.

O ano seguinte o equipo conseguiu o ascenso a Primeira División tras dez anos en Segunda. Nunca chegaría a ter moita continuidade no equipo primeiro a causa da súa xuventude, e despois a causa das lesións, polo que finalmente foi traspasado en 1974 ao Deportivo da Coruña, en Segunda División.