Santiago Castro Anido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Castro Anido
Información persoal
Nacemento 16 de maio de 1947
Lugar de nacemento Mugardos
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Santiago Castro Anido, nado o 16 de maio de 1947 en Mugardos é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a destacar no Racing de Ferrol en Segunda División o que o levou a fichar polo FC Barcelona, onde xogou entre 1968 e 1970.

En marzo de 1970 ficha polo Celta de Vigo, onde transcorrería a maior parte da súa carreira. Debutou co equipo o 21 de marzo de 1971 ante o Real Madrid anotando un dos goles da vitoria celeste.

Deixou o equipo tras dez tempadas, despois do descenso do equipo a Segunda División B en 1980, ao igual que outros xogadores como Juan ou Pepe Villar

Posteriormente formou parte do equipo técnico das categorías inferiores do Celta.