Antonio Pérez Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Pérez Gómez
Biografía
Nacemento1893 Editar o valor em Wikidata (130/131 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor em Wikidata
MorteMéxico Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJosé Juan Pérez Gómez Editar o valor em Wikidata

Antonio Pérez Gómez, nado na Pobra do Caramiñal en 1893 e finado en México, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Santiago Pérez e irmán de José Juan Pérez Gómez. Mecánico especializado en construción e montaxe de maquinaria para fábricas de conservas. En 1929 patentou unha máquina de precintar e a construción da maquinaria. Tivo taller propio na Pobra do Caramiñal durante trinta e cinco anos e traballou en talleres Sanjurjo e do Ferrocarril en Vigo durante cinco anos. Militante do PSOE. Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 estivo detido quince días en Santiago de Compostela. Co triunfo na Fronte Popular foi nomeado alcalde da Pobra do Caramiñal.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu na motora San José nº 2 xunto con outros 18 republicanos da ría de Arousa, o 27 de xullo cara a Matosinhos. De alí foron levados ao forte de Cascais en Caxía, onde os tiveron nunha especie de campo de concentración, ao lado do monte. De alí marchou cara Bordeos nun transatlántico francés que viña de América e facía escala en Lisboa, xunto con Manuel Porteiro, pasando logo a Madrid vía Cataluña. Formou parte do Batallón de Milicias Populares Gallegas e foi técnico de mecanización de proxectís na Subsecretaría de Armamento de Barcelona. Foi procesado na causa xudicial 1255/1937 aberta en Compostela por rebelión pola requisa nas minas de "Estañifera de Arosa". Tamén procesado e declarado en rebeldía na causa 4267/1938 aberta en Ferrol e declarado fuxido e en rebeldía. Despois da guerra pasou a Francia, onde estivo no campo de refuxio de Barcarès. Despois conseguiu saír para México e ao pouco tempo conseguiu levar a este país á súa muller e aos seus fillos.


Predecesor:
?
 
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
1936
Sucesor:
José Barrera López

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]