Antonio Manchón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Manchón
Biografía
Nacemento1836 Editar o valor em Wikidata
Xàtiva, España Editar o valor em Wikidata
Morte1910 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador Editar o valor em Wikidata
ProfesoresTomás Carlos Capuz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Antonio Manchón Quílez, nado en Xàtiva en 1836[1] e finado en 1910[2], foi un debuxante e xilógrafo valenciano. Era tío e padriño do tamén debuxante Ramón Manchón Herrera.[3]

Gravado de Manchón, dun debuxo de Gerardo Meléndez y Conejo, da porta norte da Catedral de Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de debuxo, pintura e gravado na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Valencia. Na cidade do Turia, traballou no obradoiro de Carlos Capuz, onde deprendeu a entallar en buxo.

Despois abandonou Valencia e estivo en Barcelona, en París (onde foi pupilo de François Auguste Trichon) e en Londres, lugares onde ampliou os seus estudos artísticos. Acabada a súa viaxe por Europa, instalouse en Madrid e exerceu como xilógrafo para moitas revistas da época, coma La Ilustración Republicana Federal, La Ilustración Gallega y Asturiana, La Ilustración Española y Americana, El Arte de España ou El Museo Universal, ademais de traballar na ilustración de diversas novelas, destacando especialmente a edición de 1868 de 'Don Quixote da Mancha do editor Urbano Manini, entre outros traballos e colaboracións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pedro Casado Cimiano (2006). “Diccionario biográfico de ilustradores españoles del siglo XIX”. Ollero y Ramos Editores. Madrid. (en castelán)
  2. Antoni Martínez i Revert (2008). “Aportaciones de la obra de Blai Bellver a la Historia del diseño gráfico y del producto”. Tesis Doctoral. Universidad Politécnica de Valencia. p. 231. (en castelán)
  3. Galería canaria de retratos: Ramón Manchón por Carlos Gaviño de Franchy (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]