Antofilita
| Antofilita | |
|---|---|
| Fórmula química: | (Mg,Fe)7Si8O22(OH)2 |
| Clase: | Inosilicatos |
| Subclase: | VIII / F |
| Sistema cristalino: | Ortorómbico, dipiramidal |
| Cor: | Branca, gris verdoso, verde, marrón, verde-marrón |
| Brillo: | Vítreo a nacarado |
| Dureza: | 5,5 a 6 (escala de Mohs) |
| Fractura: | |
| Exfoliación: | |
| Raia: | Branca grisácea |
| Densidade: | 3,67 g/cm3 |
A antofilita é un mineral anfíbolo,[1] un silicato de ferro e magnesio que se atopa en rochas metamórficas.
Describiuse por primeira vez en 1801.[2] Tamén pode ser denominado antogramita.
É un mineral polimorfo coa cummingtonita, coa súa mesma fórmula química, mais cun sistema cristalino monoclínico.
Índice |
[editar] Ambiente de formación
A antofilita prodúcese comunmente por metamorfismo rexional de rochas ultrabásicas,[3] normalmente como mineral secundario por alteración do olivino. É frecuente polo tanto en gneises e xistos cristalinos ricos en magnesio, así como tamén pode aparecer en rochas sedimentarias ricas en magnesio como son as dolomías.
Minerais normalmente asociados son o talco, cordierita e flogopita.
[editar] Localización e uso
É un mineral común nos xistos de Kongsberg (Noruega), nos do sur de Grenlandia e nos de Pensilvania (EUA).
As veces preséntase en formas fibrosas que poden ser usadas como asbesto na industria, con moitos usos a pesar do seu potencial perigo para a saúde. Normalmente úsanse outros asbestos menos malsáns, mais o de antofilita é o mellor como cemento refractario.
Aínda que os exemplares de antofilita illados e grandes son moi estraños, os agregados en xeoda deste mineral son moi apreciados por coleccionistas.
[editar] Notas
- ↑ Hawthorne, Frank C., and Roberta Oberti (2006), On the classification of amphiboles: Canadian Mineralogist: 44(1): 1-21.
- ↑ Schumacher,C.F.(1801): Versuch eines verzeichnisses der in den Dänisch-Nordischen Staaten sich findenden einfachen Mineralien. Kopenhagen, p.96
- ↑ Veblen, D.R. (1980) Anthophyllite asbestos: microstructure, intergrown sheet silicates, and mechanism of fiber formation. American Mineralogist: 65: 1075-1086.