Anita Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anita Delgado Briones, nada o 8 de febreiro de 1890 en Málaga e finada o 7 de xullo de 1962 en Madrid, foi unha bailaora e cantaora andaluza.

Índice

[editar] Traxectoria

Ao pouco de facer os 16 anos, a súa familia emigrou a Madrid, onde actuaría en cafés coa súa irmá Victoria, baixo o nome artístico de "Las Camelias". Os pintores Julio Romero de Torres e Ricardo Baroja pedíronlle pousar como modelo para eles, mais Anita rexeitou a oferta por ter apenas 16 anos.

O Maharaxá Sir Jagatjit Singh Bahadur de Kapurthala, que estaba en Madrid como convidado á voda do rei Alfonso XIII, asistiu á súa actuación nun café-concerto. Tentou cortexala, mais ela rexeitou os seus avances e desistiu depois do atentado anarquista de Mateo Morral contra a parella real o 31 de Maio de 1906. Máis tarde porén, os seus amigos Romero de Torres, Ramón del Valle-Inclán e Pastora Imperio persuadírona de responder as suas mensaxes e reencontrarense en París.

El facilitoulle unha educación, mesmo aprendéndolle francés e inglés. Casou con ela en Kapurthala o 28 de xaneiro de 1908 polo rito sikh, convertíndose así na súa quinta muller. Logo do casamento, ela adoptou o nome de Maharani Prem Kumari. Pouco depois, o 26 de Abril de 1908, naceu o seu primeiro fillo co Maharaxá, Maharajkumar Ajit Singh, quen sería educado na Universidade de Cambridge e na Academia Militar Dehra Dun, para chegar a ser Asistente do Comisario de Comercio Indio na Arxentina antes de morrer en 1982. Posteriormente viaxarían por Europa e a India. Ela escrebeu un libro sobre esta época intitulado "Impresiones de mis viajes a las Indias". Durante a 1° Guerra Mundial o seu home traballaría en hospitais británicos e franceses.

O seu matrimonio fracasou a causa das presuntas relacións extramaritais de Anita, posibelmente cun dos seus propios fillastos que tiña a súa mesma idade. Cando separaron en 1925, Anita ficou en París co fillo. Finou o 7 de xullo de 1962 en Madrid.

[editar] No cinema

Major-General H.H. Farzand-i-Dilband Rasikh- al-Iqtidad-i-Daulat-i-Inglishia, Raja-i-Rajagan, Maharaja Sir Jagatjit Singh, Bahadur, Maharaja of Kapurthala, GCSI , GCIE , GBE

Había un proxecto para que no 2006 se comezase a rolar un filme sobre a vida de Anita co título La princesa de Kapurthala protagonizada por Penélope Cruz.

Porén, un bisneto de Jagatjit Singh, Tika Shatrujit Singh, opúxose á rodaxe, pois consideraba que a novela de Javier Moro, na que se baseaba o filme, distorsionaba a verdade, especialmente ao respecto dun presunto aborto ao que o Maharaxá a obrigara a se someter.[1]

[editar] Na Literatura

  • Javier Moro. Pasión india. (2005) Editorial Seix Barral ISBN 84-322-9663-5
  • Manuel Ocón Dueñas. Anita Delgado. (1986). Editorial Arguval

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas