Placidia
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Placidia foi filla do augusto de Occidente Valentiniano III e da súa esposa a augusta Eudoxia. Foi prometida no 454 ao patricio Anicio Olibrio.
Cando os vándalos saquean a cidade de Roma, ao ano seguinte lévana, xunto da súa nai e a súa irmá, a Cartago, onde súa irmá casou con Hunerico, fillo do rei vándalo Xenserico.
O seu prometido estaba en Constantinopla no momento do saqueo, e tras longas negociacións logra que Placidia e súa nai sexan trasladadas a Constantinopla, onde o matrimonio finalmente se realizou, no 461.
Foi nai da patricia Anicia Xuliana.
Unha cabeza marmórea, que actualmente se encontra no Musée Saint-Raymond de Toulouse, foi identificada como o seu retrato. Representa unha dama patricia, é de principios do século VI e procede de Constantinopla. Posiblemente se encontraba no adro de San Polieucto, xunto a outra estatua cuxo busto se encontra no Metropolitan Museum of Art de Nova York e que representaría a súa filla Anicia Xuliana.