Andra Pradex
| Andhra Pradesh | |
Localización do estado de Andra Pradex |
|
| Capital | Haiderabade 17.22° N 78.26° E |
| Cidade principal | Haiderabade |
| Idioma oficial | Telugú |
| Lexislativo • Membros • Gobernador • Ministro xefe |
Unicameral 295 Sushilkumar Shinde Y.S. Rajasekhara Reddy |
| Formado en | 1 de outubro, 1953 |
| Superficie | 275.068 km² |
| Poboación (2001) | 75.727.000 |
| Densidade demográfica | 275/km² |
| Total de distritos | 23 |
| Fuso horario | UTC +5:30 |
Andra Pradex (ఆంధ్ర ప్రదేశం en telugú e Andhra Pradesh en inglés) (Āndhra Prādesh), é un dos estados da India localizado no leste do país. A súa capital é Hyderabad. Outras cidades importantes son Guntur, Vijayawada, Vishakhapatnam e Warangal.
Limita polo norte con Maharashtra, Chhattisgarh e Orissa, polo leste coa Baía de Bengala, polo sur con Tamil Nadu e polo oeste con Karnataka. Con 276.754 km², equivalentes a un 8,4 % do total do territorio indio.[1]
Os principais ríos do estado son o Godavari e o Krishna.
Índice |
Economía [editar]
A agricultura foi de sempre a principal fonte de ingresos do estado. O arroz, a cana de azucre, o algodón e o tabaco son os principais cultivos. Recentemente estanse a desenvolver algunhas industrias como as das tecnoloxías da información e a biotecnoloxía.
Hyderabad, capital de Andhra Pradesh, é a quinta cidade da India, cunha importante cultura e unha industria crecente, convivindo tradición e tecnoloxía. Hyderabad, ao igual que Bangalore, converteuse nun dos principais puntos de investimento do país. O principal porto do estado está na cidade de Vizag.
Turismo [editar]
En Andhra Pradesh áchanse numerosos centros de peregrinación. Tirupati é un dos templos hinduístas máis visitados do país. As covas de Borra, cunha antigüidade de máis dun millón de anos, ou o val de Araku son outros dos principais destinos turísticos da rexión.
Distritos [editar]
| Distritos | Superficie
(Km²) |
Habitantes
(Censo 2001) |
Capital |
|---|---|---|---|
| Adilabad | 16.105 | 2.479.347 | Adilabad |
| Anantapur | 19.130 | 3.639.304 | Anantapur |
| Chittoor o Chittur | 15.152 | 3.735.202 | Chittoor o Chittur |
| East Godavari | 10.807 | 4.872.622 | Kakinada |
| Guntur | 11.391 | 4.405.521 | Guntur |
| Hyderabad | 00.217 | 3.686.460 | Hyderabad |
| Kadapa | 15.359 | 2.573.481 | Kadapa |
| Karimnagar | 11.823 | 3.477.079 | Karimnagar |
| Khammam | 16.029 | 2.565.412 | Khammam |
| Krishna | 08.727 | 4.218.416 | Machilipatnam |
| Kurnool | 17.658 | 3.512.266 | Kurnool |
| Mahbubnagar | 18.432 | 3.506.876 | Mahbubnagar |
| Medak | 09.699 | 2.662.296 | Medak |
| Nalgonda | 14.240 | 3.238.449 | Nalgonda |
| Nellore | 13.076 | 2.659.661 | Nellore |
| Nizamabad | 07.956 | 2.342.803 | Nizamabad |
| Prakasam | 17.626 | 3.054.941 | Ongole |
| Rangareddi | 07.493 | 3.506.670 | Hyderabad |
| Srikakulam | 05.837 | 2.528.491 | Srikakulam |
| Visakhapatnam | 11.161 | 3.789.823 | Visakhapatnam |
| Vizianagaram | 06.539 | 2.245.103 | Vizianagaram |
| Warangal | 12.846 | 3.231.174 | Warangal |
| West Godavari | 07.742 | 3.796.144 | Eluru |
Notas [editar]
- ↑ "Andrha Pradesh Facts & Figures" no portal oficial do goberno de Andrha Pradesh (en inglés). Consultado o 27/V/2011.