Analfabetismo funcional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase analfabetismo funcional a incapacidade dun individuo para utilizar a súa capacidade de lectura, escritura e cálculo de forma eficiente nas situacións habituais da vida cotiá nun determinado idioma. Diferénciase do analfabetismo en sentido estrito en que este implica a incapacidade absoluta de ler ou escribir frases sinxelas en calquera idioma.

Características[editar | editar a fonte]

Unha persoa analfabeta non sabe ler nin escribir. En troques, un analfabeto funcional si que o pode facer até un certo punto (ler e escribir textos na súa lingua nai), cun grao variábel de corrección e estilo. Un adulto que sexa analfabeto funcional non saberá resolver dun xeito adecuado tarefas necesarias na vida cotiá como por exemplo cubrir unha solicitude para un posto de traballo, entender un contrato, seguir unhas instrucións escritas, ler un artigo nun xornal, interpretar os sinais de tráfico, consultar un dicionario ou entender un folleto cos horarios do autobús. Así mesmo, o analfabetismo funcional tamén limita gravemente a interacción da persoa coas tecnoloxías da información e da comunicación, posto que ten dificultades para usar un ordenador persoal, traballar cun procesador de texto ou cunha folla de cálculo e utilizar un navegador web ou un teléfono móbil de xeito eficiente. Conexión coa pobreza e o crime

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]