Anápolis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Município de Anápolis
Bandeira anapolis.jpg Brasao mini.JPG
Estado Goiás
Superficie 918,4 km²
Poboación
Densidade
335 960 (2009)
347,1 hab./km²
Latitude 16º 15' S
Lonxitude 48º 50' O
Altitude 1017 m
Distancia de Goiânia 54 Km
Código postal (CEP) 75100-000
Administración local Prefectura Municipal de Anápolis - Av. Presidente Vargas S/N - Vila Goiás
Internet http://www.anapolis.go.gov.br
Alcalde (Prefeito) Pedro Fernando Sahium
Mapa da cidade en Goiás
Goias Municip Anapolis.svg


Anápolis é a terceira cidade do estado brasileiro de Goiás en poboación. Sitúase a uns 54 km de Goiânia e a 160 km de Brasilia, as cales ligase por moderna estrada.

[editar] Economía

O centro de Anápolis.

Anápolis posui un expresivo parque industrial, con 760 establecimentos, destacandose as industrias farmaceuticas, quimicas e agroindustria. O seu subsolo posui xacementos de auga, minería de cromo, talco, gnaise e micaxisto. A súa ganderia ten 867 mil bovinos e 77.830 suinos, e o seu comercio e servizos son compatíbeis cos de unha cidade do seu tamaño.

Anápolis á noite.

Para facilitar as exportacións a outros países, funciona na cidade un dos chamados portos secos, que consisten en grandes almacéns nos cales hai o acceso de funcionarios da Aduana brasileira. Estes funcionarios inspecionan as mercaderías antes que as poñanlas en camións ou nos tréns rumo ós portos. Isto economiza tempo para as empresas nos trámites de exportación.

Pero Anápolis é máis coñecida por sediar unha base estratéxica da Forza Aerea Brasileira onde fican os xatos do tipo Mirage III, de fabricación francesa, que son usados na defesa de Brasilia e do espazo aéreo brasileiro en misións de interceptación. Estes poden chegar aos puntos máis distantes do territorio brasileiro en pouco máis de dúas horas saindo de Anápolis.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas