Amedeo Avogadro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amedeo Avogadro

Lorenzo Romano Amedeo Carlo Avogadro di Quaregua e Cerreto, nado en Turín o 9 de agosto de 1776 e finado o 9 de xullo de 1856, foi ademais de conde, un avogado e físico italiano. Trátase dun dos primeiros científicos en distinguir átomos e moléculas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai, Conde Filippo Avogadro, foi un célebre avogado, sendo electo presidente do senado de Piemonte en 1779. Foi para a escola de Turín, seguindo a carreira de avogado eclesiástico, obtendo o título de bacharelato en 1792, con 16 anos. Catro anos despois defendeu o seu doutoramento.

Mesmo tendo unha carreira de éxito na avocacía (fora secretario da prefectura de Eridano) Avogadro interesábase polas Ciencias Naturais. Aínda como secretario da cidade de Eridano, Avogadro comezou a estudar Ciencias por conta propia, Física e Química. En 1809 pasou a dar clases de física no Realle Collegio de Varcelli. En 1820 ingresou na Universidade de Turín como responsábel da cátedra de física. Traballou durante 30 anos, período en que se publicou boa parte da súa obra.

Elaborou o principio de Avogadro, que di que "volumes iguais de gases, baixo as mesmas condicións de presión e temperatura, conteñen o mesmo número de moléculas."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]