Lei de Avogadro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lei de Avogadro (equivocamente coñecida como hipótese de Avogadro) é unha lei da Química que foi enunciada por Avogadro.

Esta lei di que:

volumes iguais de diferentes substancias gasosas medidos a iguais condicións de presión e temperatura conteñen o mesmo número de partículas.

Isto quere dicir que se se pesan dous volumes iguais (medidos ás mesmas condicións de presión e temperatura) de dous compostos puros diferentes, e o primeiro dos volumes pesa catro veceis máis que o outro, entón pódese afirmar que as moléculas do primeiro pesan catro veces máis que as moléculas do outro.