Amanda Peet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amanda Peet
Nacemento11 de xaneiro de 1972
LugarNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónxudaísmo e cristianismo
Educada enUniversidade de Columbia, Friends Seminary e HB Studio
NaiPenny Peet
Cónxuxe(s)David Benioff
Profesiónactriz de televisión, actriz de cinema, escritora, actriz de teatro e produtora de televisión
Na rede
IMDB: nm0001605 Allocine: 32764 Rottentomatoes: celebrity/amanda_peet Allmovie: p215968 TCM: 348995 Metacritic: person/amanda-peet TV.com: people/amanda-peet IBDB: 389712
Last fm: Amanda+Peet Musicbrainz: 8ebb3500-3ddc-4a54-8adc-ff0dcd961773 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Amanda Peet en febreiro de 2008.

Amanda Peet, nada en Nova York o 11 de xaneiro de 1972, é unha actriz estadounidense.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

O seu pai, Charles Peet, era un avogado cuáquero, e a súa nai, Penny Levy, unha traballadora social xudía. Graduouse en historia na Universidade de Columbia. Foi nesa época cando acudiu ós obradoiros de Uta Hagen e decidiu ser actriz. Durante os 4 anos que duraron as clases apareceu na obra de Clifford Odets Awake and sing.

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

A primeira aparición de Peet na televisión foi un anuncio para a marca Skittles. Entre os seus primeiros traballos destaca un papel na serie Law & Order. Debutou no cine con Animal room (1995). Daquela a súa carreira baseábase en películas de cine independente.

O seu primeiro papel importante foi Jack na serie Jack & Jill (1999), que durou 2 tempadas. Tamén apareceu na oitava tempada de Seinfeld, onde interpretaba a unha camareira do local onde actuaba Seinfeld. O primeiro papel de Amanda nunha película publicitada foi en 2000, con The Whole Nine Yards, elevando o seu nivel ó dunha estrela. Ese ano foi elixida unha das 50 mulleres máis belas pola revista People. Amanda apareceu tamén na película Tres pailáns e unha bruxa (2001) con Jack Black e Steve Zahn. Tamén en Cando menos o esperas (2003), onde facía de filla de Diane Keaton e amante de Jack Nicholson.

En 2005, Peet apareceu na obra teatral This how it goes, onde conseguiu un papel que disputaba con Marisa Tomei. Ese mesmo ano apareceu nas películas Syriana, co seu marido na ficción Matt Damon, e A Lot Like Love , con Ashton Kutcher. En febreiro de 2006 actuou en Broadway na obra Barefoot in the park, de Neil Simon. Peet tamén estivo no elenco de actores da serie Studio 60, onde coincidiu con Matthew Perry, ó que coñecera en The Whole Nine Yards e The Whole Ten Yards, e tamén con Sarah Paulson, á que coñecera en Jack & Jill. Na serie, Amanda é a nova presidenta da NBS. En 2006 tamén participou con Dermot Mulroney en Griffin and Phoenix, onde interpreta unha paciente terminal que vive os seus últimos días ó límite. En 2007 rodou The Ex, con Zach Braff, onde dá vida a unha avogada que queda na casa para coidar do seu fillo.

Filmes[editar | editar a fonte]

Ano Película Rol Notas
1995 Animal Room Debbie
1996 One Fine Day
She's the One
Winterlude
Virginity
1997 Touch Me Bridgette
Grind Patty
Sax and Violins
1998 Playing by Heart Amber
Southie Marianne Silva
Origin of the Species Julia
1999 Body Shots Jane Bannister
Two Ninas Nina Harris
Jump Lisa
Simply Irresistible Chris
2000 Whipped Mia
The Whole Nine Yards Jill
Isn't She Great Debbie
2001 Saving Silverman Judith Fessbeggler
2002 Igby Goes Down Rachel
Changing Lanes Cynthia Delano Banek
High Crimes Jackie
2003 Cando menos o esperas Marin
Identidade Paris
2004 The Whole Ten Yards Jill
2005 Syriana Julia Woodman
A Lot Like Love Emily Friehl
Melinda y Melinda Susan
2006 Griffin and Phoenix Sarah Phoenix
2007 The Ex Sofia Kowalski
The Martian Child Harlee