Zach Braff
Zachary Israel "Zach" Braff[1], nado o 6 de abril de 1975 en Nova Jersey, é un actor, guionista, produtor e director estadounidense.
Traxectoria [editar]
O seu primeiro papel no cine foi un papel secundario no filme de Woody Allen Manhattan Murder Mystery (1993), pero Braff fíxose coñecido en 2001 pola interpretación do doutor John Dorian]] na serie de televisión Scrubs. En 2004 dirixiu o seu primeiro filme, Garden State, cun presuposto de 2.5 millóns de dólares, recadou 35 millóns e contou con boas críticas[2], ademais de dirixilo escribiu o guión, protagonizouno e compilou a banda sonora que gañou un Grammy en 2005. Protagonizou tamén os filmes The Last Kiss (2006) e The Ex (2007) e puxo a súa voz en Chicken Little. En 2013 participa en Oz: The Great and Powerful, coma voz na versión inglesa de Finley, o macaco voador (Finley the Flying Monkey) e coma Frank, o axudante de Oscar (mago de Oz) no circo.
Notas [editar]
- ↑ Baker, Brent (24 de febreiro de 2007). "At 'Spirit Awards,' Star of ABC's 'Ugly Betty' Quips U.S. Won't Be 'Free' Until Bush Gone". NewsBusters. http://newsbusters.org/node/11039. Consultado o 12 de novembro de 2010.
- ↑ "Garden State – Trailers – Movie Reviews – Rotten Tomatoes". Uk.rottentomatoes.com. http://uk.rottentomatoes.com/m/garden_state/. Consultado o 12 de novembro de 2010.