Cristofano Allori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xudit e Holofernes, 1613

Cristofano Allori ( Florencia 1577 - Florencia 1621) pintor manierista italiano.
Allori recibiu as primeiras leccións de pintura do seu pai, Alessandro Allori, pero, insatisfeito co estilo paterno, entrou no estudo de Gregorio Pagani, un dos principais representantes da escola florentina tardía, que unía o rico colorido da escola veneciana co debuxo correcto dos discípulos de Miguel Anxo. Allori converteuse nun dos máis famosos pintores desta escola.
As súas pinturas distínguense polo seu achegamento á natureza e pola delicadeza e perfección técnica da súa execución. A súa obra máis famosa e Xudit e Holofermes, no Palazzo Pitti de Florencia, onde segundo a tradición a cabeza de Holofernes é o propio retrato do artista.