Aleix Saló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAleix Saló

Saló no 2012.
Biografía
Nacemento30 de xaneiro de 1983 (41 anos)
Ripollet, Cataluña Cataluña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoBanda deseñada
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

Twitter: AleixSalo Editar o valor em Wikidata

Aleix Saló Braut é un debuxante e creador de curtas catalán, nado en Ripollet (provincia de Barcelona) o 30 de xaneiro de 1983.

Biografía[editar | editar a fonte]

Aleix Saló comezou moi novo, xa no ano 2000, a publicar as súas viñetas en diferentes medios locais, abandonando os seus estudos de arquitectura para intentar adicarse en exclusiva a esa labor. Porén, debido a súa situación económica tivo que compatibilizala traballando de camareiro no foyer do Liceu.[1]

No 2008 traballou en El Jueves, e Glénat España editou o seu primeiro libro, Fills dels 80: La generació Bombolla.[2] Para a súa seguinte obra, producida durante un ano e publicada en abril de 2011 co título de Españistán: Este país se va a la mierda, adicouse a ler os suplementos económicos dos diarios para documentarse. A obra pasou sen pena nin gloria ata que o mes seguinte, Saló colgou en Internet unha curtametraxe de animación titulado Españistán, de la burbuja inmobiliaria a la crisis, que consumiu os seus aforros de dous anos, pero outorgoulle unha gran popularidade.[1] Avalado polo éxito, a editorial xenralista Random House Mondadori publicou Simiocracia en 2012.

De cara ó futuro, Aleix Saló pensa dar o salto a Europa e centrar a súa próxima obra na UE. Así, o adiantou no programa La Nit en Blanc de ABC Punto Radio Catalunya.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Data Título Publicación
2009 Fills dels 80: La generació bombolla Glénat España
04/2011 Españistán: Este país se va a la mierda Glénat España
12/04/2012 Simiocracia: Crónica de la Gran Resaca Económica Random House Mondadori
04/2013 Euro Pesadilla: Alguien se ha comido a la clase media Random House Mondadori

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Merino, Olga (12/06/2011). Un cómic mordaz sobre la crisis arrasa en internet, "El Periódico de Catalunya".
  2. Serrano, José A. (05/2010). Aleix Saló Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine., "La guía del cómic", 2010.
  3. Aleix Saló dará el salto a Europa y centrará su próximo trabajo en la UE, abc.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]