Alberte I de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Alberte I.

Alberte I foi o príncipe reinante de Mónaco de 1889 a 1922. Fillo de Carlos III de Mónaco e da condesa Antoinette Ghislaine de Merode-Westerloo, naceu en París o 13 de novembro de 1848.

Comezou estudos marítimos en Lorient pero tras negociacións do seu pai co goberno español decidiuse que continuase a súa formación militar en España, chegou a España en abril de 1866, residiu durante un tempo en Madrid ata incorporarse á fragata Tetuán que estaba ancorada en Cádiz, o 25 de xullo a fragata chegou ata o porto de Vigo, na ría de Pontevedra realizaron exercicios de instrución e ós poucos marchou para A Habana.

Albert I of Monaco.png

O príncipe Alberte incorporouse á dotación do Hernán Cortés en decembro de 1866, o navío con base na Habana realizaba servizos de vixilancia no Caribe. En xuño de 1867 foi destinado ó vapor Blasco de Garay e en marzo de 1868 á fragata Gerona, xa en abril solicitou unha licenza que pasou en Nova York e percorrendo os Estados Unidos e tras ela volveu a Mónaco. O 28 de agosto de 1868 foi promovido polo goberno español a tenente de navío, por mor do triunfo da Revoluvión de 1868 renunciou a seguir na mariña española.

Casou no Château Marchais, Mónaco, o 21 de setembro de 1869 con Lady Mary Victoria Douglas-Hamilton, de quen naceu o seu fillo e sucesor Luís II de Mónaco.

En xaneiro de 1875 acompañou a Afonso XII na viaxe de regreso a España desde o exilio do proclamado rei tras o pronunciamento de Sagunto.

Casou en segundas nupcias, tras divorciarse da primeira muller, con Marie Alice Heine (París, 30 de outubro de 1889). Morreu en París o 26 de xuño de 1922.