Afiador (oficio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moto do afiador
O afiador nunha imaxe de Goya.

Un afiador é unha persoa que ten como oficio o de afiar.

O afiador en Galiza[editar | editar a fonte]

A profesión de afiador e tradicional en Galiza. Temos constancia da existencia de afiadores ambulantes galegos desde hai tres séculos. Con frecuencia proviñan da provincia de Ourense, en especial dos actuais concellos de Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Esgos, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Castro Caldelas, San Xoán de Río, A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e Manzaneda. Por ser un oficio ambulante, os afiadores galegos percorreron as terras de Castela, Navarra, Cataluña, Valencia ou Andalucía. As súas saídas eran eventuais, traballaban durante uns meses e retornaban ós seus lugares de orixe. O seu aparello de traballo era unha roda chamada tarazana ou toura, en barallete. Anunciábanse na rúa tocando o chifre.