Aeródromo Militar de Santiago de Compostela
| Aeródromo Militar de Santiago de Compostela | |||
|---|---|---|---|
| IATA: SCQ – ICAO: LEST | |||
| Sumario | |||
| Tipo | Militar | ||
| Operador | Exército do Aire de España | ||
| Cidade/Illa | Santiago de Compostela | ||
| Ubicación | A Lavacolla, Sabugueira | ||
| Coordenadas | 42°53′53″N 08°25′02″W / 42.89806°N 8.41722°WCoordenadas: 42°53′53″N 08°25′02″W / 42.89806°N 8.41722°W | ||
| Pista(s) | |||
| Dirección | Longo | Superficie | |
| pés | metros | ||
| 17/35 | 10.498 | 3.200 | asfalto |
O Aeródromo Militar de Santiago de Compostela (código IATA: SCQ, código ICAO: LEST) é un aeródromo militar situado na Lavacolla, a 10 km da capital galega, Santiago de Compostela, a carón do Aeroporto da Lavacolla.
Índice |
[editar] Características
Ocupa uns 94.000 m², incluíndo unha plataforma de aparcadoiro de aeronaves de 35.000 m² e diversas instalacións, como a xefatura, aloxamento e tripulacións destacadas, edificio multiusos, hangar de cocheiras e pista polideportiva[1].
[editar] Misión
A súa principal misión é proporcionar apoio loxístico e seguridade ás Unidades Aéreas das Forzas Armadas de España que se despreguen nel, entre as cales están as seguintes:
Permanentemente:
- Ala 37: Servizo de Vixilancia Aduaneira
- 43 Grupo de Forzas Aéreas: Campañas contra incendios forestais
Habitualmente:
- Brigada de Infantería Ligera Aerotransportable (BRILAT) (desde Pontevedra)
- Grupo de Adiestramiento (desde a Base Aérea de Salamanca)
- 45 Grupo de Fuerzas Aéreas (desde a Base Aérea de Torrejón)
- Ala 31 (desde a Base Aérea de Zaragoza)
- Ala 35 (desde a Base Aérea de Getafe)
- Centro Cartográfico y Fotográfico (CECAF) (desde a Base Aérea de Cuatro Vientos)
- Cuarta Escuadrilla da Armada (dende a Base Naval de Rota)
- Patrulla Águila (desde a Base Aérea de San Javier)
[editar] Historia
O 29 de xullo de 1935 inaugurouse o campo cun festival aéreo. O 21 de setembro de 1937 chega o primeiro avión regular, pertencente á liña Sevilla-Salamanca-Santiago-Zaragoza, que opera até a finalización da Guerra Civil.
En 1945 créase a Xefactura do Servizo de Obras do Sector Aéreo de Galicia, a cargo do piloto do "Jesús del Gran Poder", o Teniente Coronel Francisco Iglesias Brage, para acometer as obras de ampliación e mellora. Establécese o destacamento militar.
Entre 1953 e 1954 realízase a pista de rodadura e estacionamento, na actualidade plataforma militar. En 1957 constrúese a terminal de pasaxeiros, hoxe edificio de Aloxamento, e afírmase o estacionamento.
Entre 1964 e 1967 amplíase a pista N-S até os 2.500 m e constrúese a nova terminal do aeroporto da Lavacolla, quedando a antiga zona só para o Exército do Aire.
En xuño de 1993 fírmase o acordo de transferencia MINISDEF-AENA, no que se contempla, entre outros, o deslinde patrimonial dos actuais terrenos. En setembro o antigo Destacamento de Santiago clasifícase como Aeródromo Militar.
En xullo de 1995 o aeródromo clasifícase como Aeródromo de Utilización Conxunta, situación na que continúa na actualidade.
[editar] Notas
- ↑ Aeródromo Militar de Santiago Ficha na web do Exército do Ar de España (en castelán)