Aegopodium podagraria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aegopodium podagraria

Aegopodium podagraria
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Subfamilia: Apioideae
Apioid superclade

Tribo: Careae
Xénero: Aegopodium
Especie: A. podagraria
Nome binomial
Aegopodium podagraria

Aegopodium é unha especie de planta medicinal pertencente á familia Apiaceae. É orixinaria da Eurasia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten unha cor variada de verde e branco que ás veces se torna verde dentro dun parche. As flores son pequenas, de cor branca, con cinco pétalos e saen por encima das follas, en grupos planos.

Forma parches densos e é considerada como unha ameaza ecolóxica, é invasiva e reduce a diversidade de especies na capa de solo. Por este motivo utilízase para o mantemento da cuberta vexetal.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Principios activos[editar | editar a fonte]

Contén Vitamina C nas follas.

Indicacións[editar | editar a fonte]

Emprégase como sedante, diurético (froitos), aromático, estimulante, resolutivo, vulnerario. Usado para a reuma e a gota, varices, enfermidades da pel. Os froitos en infusión ou cocemento úsanse para enfermidades intestinais, renais ou da vesícula.[1]

Preparación[editar | editar a fonte]

Utilízanse as follas frescas para a gota e secas en infusión para a reuma. As follas trituradas pódense empregar para refrescar a pel tras a picadura dun insecto. As follas frescas cortadas finamente con carne picada e puré de avea para facilitar a dixestión.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

Aegopodium podagraria é nativa de Europa e Asia.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Aegopodium podagraria foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1003. 1753.[2]

Sinonimia
  • Aegopodium latifolium Turcz. [1844, Bull. Soc. Imp. Naturalistes Moscou, 17 : 711]
  • Ligusticum podagraria Roth & T.Lestib.
  • Tragoselinum angelica Lam. [1779, Fl. Fr., 3 : 449] [nom. illeg.]
  • Sium podagraria (L.) Weber in F.H.Wigg. [1780, Prim. Fl. Holsat. : 24]
  • Sison podagraria (L.) Spreng. [1813, Pl. Umb. Prodr. : 35]
  • Seseli podagraria (L.) Weber
  • Seseli aegopodium Scop. [1771, Fl. Carniol., ed. 2, 1 : 215] [nom. illeg.]
  • Selinum podagraria (L.) E.H.L.Krause in Sturm [1904, Fl. Deutschl., ed. 2, 12 : 57]
  • Podagraria erratica Bubani [1899, Fl. Pyr., 2 : 351] [nom. illeg.]
  • Podagraria aegopodium Moench [1794, Meth. : 90]
  • Pimpinella podagraria (L.) T.Lestib. [1828, Botanogr. Belg., 2 (2) : 269]
  • Pimpinella angelicifolia Lam. [1785, Encycl. Méth. Bot., 1 : 451]
  • Carum podagraria (L.) Roth [1827, Enum. Pl. Phan. Germ., 1 (1) : 946]
  • Apium podagraria (L.) Caruel in Parl. [1889, Fl. Ital., 8 : 467]
  • Aegopodium angelicifolium Salisb.
  • Aegopodium simplex Lavy
  • Aegopodium ternatum Gilib.
  • Aegopodium tribracteolatum Schmalh.
  • Apium biternatum Stokes
  • Sium vulgare Bernh.[3][4]

Nome común[editar | editar a fonte]

  • Castelán: "pé de cabra", "podagraria", "herba de San Xerardo".[5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Aegopodium podagraria". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 13 de outubro de 2009. 
  2. "Aegopodium podagraria". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de outubro de 2012. 
  3. Aegopodium podagraria en PlantList
  4. Sinónimos en Tela Botánica Arquivado 03 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  5. "Aegopodium podagraria". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]