Advanced Composition Explorer
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial |
| Fabricante | |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 25 de agosto de 1997[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta II 7920[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2] |
| Obxectivo da misión | Estudio das abundancias de diferentes elementos no medio interplanetario.[2] |
| NSSDC ID | 1997-045A |
| Masa | 596 kg (máis 189 kg de hidracina)[2][4][5] |
| Dimensións | 1,6 m de ancho por 1,0 m de alto (sen os paneis solares[5] |
| Potencia | 464 vatios[2][5] |
Advanced Composition Explorer, tamén coñecido polo acrónimo ACE, é un satélite artificial pertencente ó programa Explorer da NASA que foi lanzado o 25 de agosto de 1997 a bordo dun foguete Delta II 7920 desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.[4][2][5]
Índice |
[editar] Historia
ACE foi ideado nunha reunión que tivo lugar o 19 de xuño de 1983 na Universidade de Maryland organizada por George Gloecker e Glen Mason. Nela participaron os doutores L. F. Burlaga, S. M. Krimigis, R. A. Mewaldt e E. C. Stone. A reunión organizouse en base a documentación provinte do Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins (APL) e da Universidade de Maryland, propóndose inicialmente unha misión denominada Cosmic Composition Explorer. A solicitude de proposta enviouse á oficina do programa Explorer da NASA a finais dese mesmo ano, sen que fose admitida. A proposta foi retomada a petición do doutor Vernon Jones e a solicitude enviouse de novo á NASA en 1986. A misión foi seleccionada para un estudio dun ano na fase A en 1988, durante o cal se estudiaría a viabilidade e se sopesarían os pros e contras da misión.[5][6]
A misión de ACE comezaría oficialmente o 22 de abril de 1991 cando, tras superar a fase A, se firmou o contrato entre o Centro Goddard de Voo Espacial e o Instituto Tecnolóxico de California, co APL como deseñador e construtor da nave, para comeza-la planificación da fase B, adicada á definición en si da misión. Durante esta fase tiveron lugar as especificacións do soporte da misión e dos sistemas e interfaces da nave. A fase B comezou oficilamente en agosto de 1992.[5][6]
A revisión de deseño preliminar da misión tivo lugar en novembro de 1993, co que as fases C e D comezaron pouco despois.[5][6]
[editar] Características
ACE está basado no deseño do satélite Charge Composition Explorer (parte da misión AMPTE) e está adicado a comparar e determina-la composición elemental e isotópica de distintos tipos de materia, entre eles o vento solar, o medio interestelar e outra materia de orixe galáctico. O satélite pesa 596 kg, ó que hai que sumar 189 kg de hidracina para o sistema de propulsión. Foi situado nunha órbita de Lissajous arredor do punto de Lagrange L1, situado entre o Sol e a Terra, a unha distancia duns 1,5 millóns de km desta última, e estabilízase mediante xiro, a 5 revolucións por minuto, co eixo de rotación apuntando cara o Sol cun marxe de erro de 20 graos.[4][2][6]
A nave produce electricidade mediante células solares e estaba deseñada para durar como mínimo cinco anos, xa cumplidos desde o comezo da misión. Leva unha grabadora a bordo para garda-los datos e descargalos posteriormente cando pasa sobre algunha das estacións da Rede do Espazo Profundo da NASA. As velocidades típicas de descarga de datos son de 6,7 e 78 Kbps e 434 bps. Mide 1,6 m de ancho por 1,0 m de alto.[2][6]
Os estudios de ACE inclúen análises de abundancia isotópica dos elementos desde o hidróxeno ó cinc (número atómico entre 1 e 30), con estudios exploratorios ata o circonio (número atómico 40).[4][2]
ACE ten suficiente propelente como para permanecer no punto L1 ata 2024.[6]
[editar] Instrumentos
O satélite leva nove instrumentos[4], entre os que se atopan seis espectrómetros de alta resolución optimizados para o seu particular rango de enerxías[2]:
- CRIS (Cosmic Ray Isotope Spectrometer) é un espectrómetro de isótopos de raios cósmicos. Está formado por unha pila de catro capas de detectores de silicio, que se encarga de determinar a enerxía dos raios cósmicos incidentes, e un sistema de determinación da traxectoria por fibra óptica centelleante (SOFT polo seu acrónimo en inglés, Scintillating Optical Fiber Trajectory).[4][7]
- SIS (Solar Isotope Spectrometer) é un espectrómetro de isótopos solares deseñado para proporcionar medicións de alta resolución da composición isotópica de núcleos enerxéticos dos elementos desde o helio ata o níquel (número atómico de 2 a 28) no rango de enerxías entre 10 e 100 MeV. [4][8]
- ULEIS (Ultra Low Energy Isotope Spectrometer) é un espectrómetro de isótopos de enerxía ultra baixa para o rango entre 45 keV e uns poucos MeV. A velocidade de transmisión de datos do instrumento é de aproximadamente 1 kbps.[4][9]
- SEPICA (Solar Energetic Particle Ionic Charge Analyzer) é un analizador de carga iónica de partículas enerxéticas solares. O instrumento deixou de funcionar o 4 de febreiro de 2005 tra-lo fallo das válvulas de control de fluxo do gas usado como parte do detector.[4][6]
- SWIMS (Solar Wind Ion Mass Spectrometer) é un espectrómetro de masas para medi-la composición química e isotópica do vento solar para elementos entre o helio e o níquel e enerxías de ata 10 keV.[4][10]
- SWICS (Solar Wind Ion Composition Spectrometer) é un espectrómetro de tempo de voo para determina-la composición química e iónica do vento solar, diferenciando entre isótopos de hidróxeno e helio de orixe interestelar e solar. O instrumento tamén mide as funcións de distribución tanto de nubes interestelares como de po a enerxías de ata 100 keV.[4][10]
- EPAM (Electron, Proton, and Alpha Monitor) é un monitor de electróns, protóns e partículas alfa composto por cinco telescopios de tres tipos. Dous espectrómetros de lámina de baixa enerxía (LEFS, Low Energy Foil Spectrometers) para medi-lo fluxo e dirección de electróns con enerxías por enriba de 30 keV, dous espectrómetros magnéticos de baixa enerxía (LEMS, Low Energy Magnetic Spectrometers) para medir o fluxo e dirección de ións con enerxías superiores a 50 keV e a apertura de composición (CA, Composition Aperture) para medi-la composición elemental dos ións.[4][11]
- SWEPAM (Solar Wind Electron, Proton, and Alpha Monitor) é un monitor de electróns, protóns e partículas alfa do vento solar. Os ións e os electróns son medidos con diferentes sensores. O sensor de ións mide enerxías de entre 0,26 e 36 keV e o de electróns entre 1 e 1350 eV.[4][12]
- MAG (Magnetometer Instrument), un magnetómetro.[4]
[editar] Resultados
Ata outubro de 2010 escribíronse 635 artigos científicos basados nos datos de ACE.[6]
[editar] Notas
- ↑ N2YO (2011) ACE (inglés). Real Time Satellite Tracking. Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (8 de xullo de 2011) ACE (inglés). Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ (24 de xuño de 1998)"Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE. 98-54610. Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Gunter Dirk Krebs (2011) Explorer: ACE (inglés). Gunter's Space Page. Consultado o 6 de agosto de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2011) ACE (inglés). Consultado o 7 de agosto de 2011.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Eric R. Christian e Andrew J. Davis (xaneiro de 2012) Advanced Composition Explorer (ACE) Mission Overview (inglés). Consultado o 29 de febreiro de 2012.
- ↑ CRIS: The Cosmic Ray Isotope Spectrometer (inglés) (28 de novembro de 2007). Consultado o 29 de febrero de 2012.
- ↑ SIS: The Solar Isotope Spectrometer (inglés) (28 de novembro de 2007). Consultado o 29 de febrero de 2012.
- ↑ G. M. MASON, R. E. GOLD, S.M. KRIMIGIS, J. E. MAZUR, G. B. ANDREWS, K.A. DALEY, J. R.DWYER, K. F. HEUERMAN, T. L. JAMES, M. J. KENNEDY, T. LEFEVERE, H.MALCOLM, B. TOSSMAN e P. H. WALPOLE (1998). "THE ULTRA-LOW-ENERGY ISOTOPE SPECTROMETER (ULEIS) FOR THE ACE SPACECRAFT" (PDF). Space Science Reviews (86): 409-448. Consultado o 1 de marzo de 2012.
- ↑ 10,0 10,1 ACE/SWICS & ACE/SWIMS (inglés). Universidade de Michigan. Consultado o 1 de marzo de 2012.
- ↑ The EPAM Homepage (inglés). JHU/APL (21 de setembro de 2011). Consultado o 1 de marzo de 2012.
- ↑ SWEPAM (inglés). Los Alamos National Laboratory (2006). Consultado o 1 de marzo de 2012.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- "ADVANCED COMPOSITION EXPLORER" (PDF), S. B. Jacob, E. R. Christian, D. L. Margolies, R. A. Mewaldt, J. F. Ormes, P. A. Tylere e Tycho von Rosenvinge; deseñado por T. B. Griswold, páx. 24. (en inglés)
- E. C. Stone, A. M. Frandsen, R. A. Mewaldt, E. R. Christian, D. Margolies, J. F. Ormes e F. Snow. "The Advanced Composition Explorer" (PDF), páx. 24. (en inglés)
- M. C. CHIU, U. I. VON-MEHLEM, C. E. WILLEY, T. M. BETENBAUGH, J. J. MAYNARD, J. A. KREIN, R. F. CONDE, W. T. GRAY, J. W. HUNT, JR., L. E. MOSHER, M. G. McCULLOUGH, P. E. PANNETON, J. P. STAIGER e E. H. RODBERG (1998). "ACE SPACECRAFT" (PDF). Space Science Reviews (86): 257-284. Consultado o 28 de febreiro de 2012.
- Varios ACE Bibliography (inglés).