Absceso de Brodie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Absceso de Brodie
Clasificación e recursos externos

RMN dun absceso de Brodie.
ICD-10 M86.8
ICD-9 730.1

O absceso de Brodie é unha doenza ósea infecciosa. É unha complicación subaguda da osteomielite, que pode persistir durante anos até facerse crónica. O organismo que máis adoita causalo é o Staphylococcus aureus. Fisiopatoloxicamente, esta doenza é o resultado da formación dun absceso infeccioso que posteriormente queda arrodeado de óso de nova formación. O ósos do organismo máis frecuentemente afectados por esta doenza son as metáfises dos ósos longos, e de entre eles o máis afectado é a tibia, por ser ademais o óso máis afectado pola osteomielite. Deste xeito, o material pioxénico queda encerrado, como acontece en todos os abscesos. O termo provén do nome do cirurxián inglés Benjamin Collins Brodie.[1]

Síntomas[editar | editar a fonte]

O principal síntoma é a dor, que adoita ser localizada no lugar da lesión. É unha dor nocturna, que se alivia coa administración de aspirina. Ás veces, os síntomas poden ser semellantes aos do osteoma osteoide, o cal é típicamente menor de 1 cm de diámetro.

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

O método máis eficaz para diagnosticar un absceso de Brodie é a radiografía simple, por ser unha técnica barata e efectiva. Radiolóxicamente obsérvase unha zona radiolucente (branca) ovalada ou elíptica, de máis dun centímetro de diámetro, con tecido de granulación e certa esclerose. Outras técnicas de imaxe, coma a TAC ou a resonancia magnética son tamén útiles para o diagnóstico desta enfermidade.

Diagnóstico diferencial[editar | editar a fonte]

O absceso de Brodie pode ser confundido con outras doenzas:[2]

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento principal para esta doenza é a cirurxía. O tipo de cirurxía dependerá do tamaño do absceso. Se este é pequeno, a cirurxía consiste na exérese do absceso, con posterior curetaxe e tratamento antibiótico. Se o absceso e de gran tamaño, haberá de fixarse o óso con enclavaxes endomedulares ou outros dispositivos cirúrxicos, tratamento semellante a unha fractura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brodie's abscess Whonamedit
  2. Absceso de Brodie nun paciente infectado polo virus da inmunodeficiencia humana: E. Alonso y A. Martínez-Hernández. Dispoñíbel aquí

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]