A lebre e a tartaruga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A lebre e a tartaruga
Título orixinalΧελώνη καὶ λαγωός
Autor/aEsopo
LinguaGrego antigo
Xénero(s)fábula
editar datos en Wikidata ]

A lebre e a tartaruga é unha fábula clásica narrada por Esopo e versionada en multitude de ocasións posteriores, incluídas as adaptacións en debuxos animados de Looney Tunes (que darían lugar ao personaxe da tartaruga Cecil)[1] ou Walt Disney[2], ou o filme brasileiro homónimo de 2005,[3] entre outros.

Argumento[editar | editar a fonte]

Unha tartaruga desafía a unha lebre a unha carreira. Convencida de que vai gañar, a lebre para a metade para botar unha sesta pero dorme demasiado e ao espertar descobre que a tartaruga, paso a paso, xa chegou á meta.

Análise[editar | editar a fonte]

A primeira interpretación da fábula anima a non confiar nas propias virtudes e a traballar con valentía, o exceso de confianza ou orgullo da lebre é o que a fai perder, así como a súa preguiza, que a leva a durmir en lugar de completar a tarefa. A tartaruga, pola contra, encarna a perseveranza.

A fábula foi utilizada por Zenón de Elea para falar do movemento, substituíndo a lebre por Aquiles. Félix María Samaniego tamén reescribiu a historia, facendo fincapé no carácter negativo da lebre. Jean de La Fontaine recolleu a historia con algunhas variantes da súa colección; por exemplo, o feito de que as tartarugas fosen máis de unha turnándose e enganando con enxeño á pobre lebre, feito habitual nos contos, sendo nesa versión moi similar ao conto Der Hase und der Igel (en galego O ourizo e a lebre),[4] ambientado en Buxtehude, Baixa Saxonia, recollido polos irmáns Grimm.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jeff Rovin (1991). The illustrated encyclopedia of cartoon animals. Prentice Hall Press. ISBN 978-0-13-275561-0. 
  2. Merritt, Russell; Kaufman, J. B. (2006). Walt Disney's Silly Symphonies: A Companion to the Classic Cartoon Series (en inglés). La cineteca del Friuli. ISBN 978-88-86155-27-4. 
  3. "A Lebre e a Tartaruga (película 2005) - Tráiler. resumen, reparto y dónde ver. Dirigida por Ale McHaddo". La Vanguardia (en castelán). 2022-08-28. Consultado o 2022-08-28. 
  4. Ramil, Laura Vázquez (2018-04-06). "Pontelectura Infantil: O ourizo e a lebre". Pontelectura Infantil. Consultado o 2022-08-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.