Félix María Samaniego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Félix María Samaniego
Félix María Samaniego
Imaxe de Samaniego.
Nacemento: 12 de outubro de 1745
Laguardia, Áraba
Falecemento: 11 de agosto de 1801

Félix María Serafín Sánchez de Samaniego, nado en Laguardia, Áraba, o 12 de outubro de 1745 e finado tamén alí o 11 de agosto de 1801, foi un escritor en lingua castelá, famoso polas súas fábulas.

Obra[editar | editar a fonte]

A influencia da súa educación francesa advírtese na única obra pola o que o coñecemos: as Fábulas morais, 257 fábulas distribuídas en 9 libros. Samaniego ridiculiza os defectos humanos nas súas fábulas, imitando ós grandes fabulistas Fedro, Esopo e La Fontaine. Aínda que as fábulas de Samaniego están escritas en verso, o seu carácter é prosaico, dados os asuntos que trata; a súa finalidade é didáctica. Seguindo o exemplo de Fedro, Samaniego elimina das súas fábulas o ton inxenuo e entrañable do que dotara Esopo ás súas e énchenas de críticas veladas pero implacables contra personaxes relevantes, hábitos sociais e actitudes políticas de dubidosa integridade. Entre as súas principais fábulas temos: A pomba, Congreso de ratóns, A cigarra e a formiga e O can e o crocodrilo.

Escribiu así mesmo unha colección de poesía erótica, de ton humorístico e contido procaz, que se publicou co título O xardín de Venus.