2867 Šteins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Šteins
Steins.png
Representación vectorial do asteroide a partir dunha fotografía tomada pola sonda Rosetta.
Descubrimento
Descuberto por Nikolai Stepanovich Chernykh
Lugar do descubrimento Observatorio Astrofísico de Crimea
Descuberto o 4 de novembro de 11969
Designación do CPM
Designación alternativa
Procedencia do nome Kārlis Šteins
Características orbitais
Época 4 de febreiro do 2008.
Periapse 2,018 UA
Apoapse 2,708 UA
Excentricidade 0,146
Período orbital 1326,736 d
Inclinación 9,946°
Anomalía media 259,193°
Lonxitude do nodo ascendente 55,530°
Características físicas
Albedo 0,34±0,06
Magnitude absoluta 12,2
Dimensións 6,67 x 5,81 x 4,47 km[1]
Radio medio 2,65 km[2]
Temperatura ~181Kelvin
Tipo espectral E

2867 Šteins é un pequeno asteroide do cinto principal que foi descuberto en 1969 por Nikolai Chernykh[3]. O nome lle foi asignado por Kārlis Šteins, un astrónomo letón e soviético[4]. Šteins recibiu a visita da sonda espacial Rosetta no ano 2008.

Características físicas[editar | editar a fonte]

Un estudio publicado en 2006 por astrónomos do Observatorio austral europeo mostrou que Šteins é un asteroide de tipo E cun diámetro duns 4,6 km[5]. O estudio previo ó sobrevoo da sonda Rosetta mostrou, mediante a súa curva de luz, que o asteroide ten un periodo de rotación dunhas seis horas, que ten forma irregular e que non ten ningunha lúa.[6]

Tralo sobrevoo de Rosetta, a ESA describiu Šteins como "un diamante no ceo", dado que ten unha forma que se vai estreitando cara un extremo. A parte máis ancha do asteroide está dominada por un gran cráter de 2,1 km de diámetro e que sorprendeu ós científicos, que non esperaban que o asteroide puidera sobrevivir a semellante impacto.[7] As fotografías de Šteins tomadas por Rosetta permitiron ós científicos determinar que o asteroide ten unhas dimensións de 6,67 x 5,81 x 4,47 km[1], o que significa un diámetro medio de 5,3 km.[2]

Sobrevoo[editar | editar a fonte]

O 5 de setembro de 2008, a nave Rosetta sobrevoou Šteins a unha distancia de 800 km e unha velocidade relativamente baixa de 8,6 km/s.[8] Este foi o primeiro de dous sobrevoos de asteroides programados para a sonda Rosetta, visitando en 2010 o asteroide 21 Lutetia, moito máis grande.[9] No momento do sobrevoo o asteroide estaba iluminado polo Sol desde a perspectiva da nave, co que as imaxes que tomou foron claras e nítidas.[10] O Centro Europeo de Operacións Espaciais (ESOC) transmitiu unha conferencia de prensa adicada ó sobrevoo o mesmo día que foi levado a cabo.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rosetta's OSIRIS cameras reveal the nature of asteroid Steins". ESA Science & Technology. January 8, 2010. http://sci.esa.int/science-e/www/object/index.cfm?fobjectid=46254.
  2. 2,0 2,1 H. U. Keller, et all - E-Type Asteroid (2867) Steins as Imaged by OSIRIS on Board Rosetta - Science 8 January 2010: Vol. 327. no. 5962, pp. 190 - 193 DOI: 10.1126/science.1179559
  3. "Discovery Circumstances: Numbered Minor Planets (1)-(5000)". IAU: Minor Planet Center. http://www.cfa.harvard.edu/iau/lists/NumberedMPs000001.html. Consultado o 17 de maio de 2011.
  4. Lutz Schmadel (2003). Dictionary of minor planet names. 3-540-00238-3.
  5. S. Fornasier, I. Belskaya, M. Fulchignoni, M. A. Barucci, C. Barbieri (2006). First albedo determination of 2867 Steins, target of the Rosetta mission.
  6. "OSIRIS camera on Rosetta obtains ‘light curve’ of asteroid Steins" (en inglés). http://www.esa.int/SPECIALS/Rosetta/SEMCC2R08ZE_0.html. Consultado o 17 de maio de 2011.
  7. "Steins: A diamond in the sky" (en inglés). ESA Rosetta News. http://www.esa.int/SPECIALS/Rosetta/SEMNMYO4KKF_0.html. Consultado o 17 de maio de 2011.
  8. "Encounter of a different kind: Rosetta observes asteroid at close quarters" (en inglés). ESA Rosetta News. http://www.esa.int/SPECIALS/Rosetta/SEM5EZO4KKF_0.html. Consultado o 17 de maio de 2011.
  9. M. A. Barucci, M. Fulchignoni and A. Rossi (2007). "Rosetta Asteroid Targets: 2867 Steins and 21 Lutetia". Space Science Reviews 128 (1-4): 67-78.
  10. "Spacecraft set for asteroid fly-by" (en inglés). The Press Association. 5 de setembro de 2008. http://ukpress.google.com/article/ALeqM5g_-M0-esROw8pJHo-OhQCLZWvf3w. Consultado o 17 de maio de 2011.
  11. "Rosetta Steins fly-by timeline". European Space Agency. 4 de setembro de 2008. http://www.spaceref.com/news/viewpr.html?pid=26345. Consultado o 17 de maio de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]