¡Cu-Cut!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiro número do ¡Cu-cut!.

¡Cu-Cut! foi unha revista satírica de ideoloxía catalanista e independentista de comezos de século XX.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Cu-Cut(1905).jpg

A súa importancia radica nos incidentes ocorridos o 25 de novembro de 1905. Ese día a súa redacción, xunto coa de La veu de Catalunya, foi asaltada por un centenar de militares, como reacción a unha caricatura antimilitarista de Joan Junceda- publicada en alusión á vitoria da Lliga Regionalista nas eleccións municipais.

Foi unha proba da debilidade do réxime da Restauración. Costou a dimisión do xefe de goberno, Eugenio Montero Ríos, e a aprobación da chamada Lei de Xurisdicións, que entregaba todos os delitos "contra a patria ou o exército" á xustiza militar.

A raíz do rexeitamento cara esta lei os partidos catalanistas uniríanse no que sería Solidaritat Catalana. Dende entón o mapa electoral catalán mudou substancialmente: foi a fin dos partidos dinásticos da Restauración e o triunfo dos partidos de oposición ao réxime. O xogo político en Cataluña repartiuse entre a Lliga Regionalista e os partidos republicanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ¡Cu-Cut!