Feitos do ¡Cu-Cut!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viñeta, obra de Junceda, aparecida no semanario satírico ¡Cu-Cut! que provocou a ira dos militares. O pé di:
AO FRONTÓN CONDAL
-¿Que se celebra aquí que hai tanta xente?
-O Banquete da Vitoria.
-¿Vitoria? Ah, ben, serán paisanos.

Denomínanse Feitos do ¡Cu-Cut!, tamén coñecidos como La Cuartelada, os incidentes que tiveron lugar en Barcelona o 25 de novembro de 1905, cando oficiais do exército español asaltaron e destruíron a redacción e os talleres do semanario satírico ¡Cu-Cut! e, posteriormente, tamén os do xornal La Veu de Catalunya.

¡Cu-Cut! era unha revista satírica de ideoloxía catalanista de comezos do século XX.

O 25 de novembro de 1905 un centenar de militares asaltou a redacción desta revista e a de La Veu de Catalunya como reacción a unha caricatura antimilitarista de Joan Junceda que aludía á vitoria da Lliga Regionalista nas eleccións municipais. O presidente do goberno, Eugenio Montero Ríos, dimitiu e ó ano seguinte aprobaríase a lei de xurisdicións, polo que os delitos contra a patria ou o exército serían xulgados pola xustiza militar.

A raíz do rexeitamento desta lei os partidos catalanistas uniríanse no que sería Solidaritat Catalana. Desde entón o mapa electoral catalán cambiou substancialmente: foi a fin dos partidos dinásticos da Restauración borbónica e o triunfo dos partidos de oposición ó réxime. O xogo político repartiuse entre a Lliga Regionalista e os partidos republicanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]