Enric Prat de la Riba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enric Prat de la Riba i Sarrà, nado en Castellterçol o 29 de novembro de 1870 e finado na mesma vila o 1 de agosto de 1917, foi un político catalán, dos presidentes da Mancomunidade de Cataluña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo estudos de Dereito que culminou, aos 24 anos de idade, na Universidade Central de Madrid. No ano 1887 ingresa no Centro Escolar Catalanista, onde xurdiu unha das primeiras definicións do catalanismo. Terá cargos de responsabilidade na Unión Catalanista.

No ano 1892 será secretario da asemblea que redacta as Bases de Manresa, documento que sentaba os alicerces da devolución das Constitucións catalás.

Será presidente da Deputación de Barcelona e como tal o 18 de xuño de 1907 fundará o Instituto de Estudos Cataláns. Impulsou a creación da Mancomunidade de Cataluña da cal será o primeiro presidente, desde o 6 de abril de 1914, ata a súa morte.

Como dinamizador catalanista, elaborará manifestos da Unión Catalanista, entre os que destaca o "Missatge al Rei dels Hel·lens" (Mensaxe para o rei dos gregos) o ano 1897. Como divulgador e pensador catalanista escribiu o Compendio da doutrina catalanista ou o Compendio da Historia de Cataluña, e impulsará o diario La Renaixença (O Renacemento).

Desde 1899 impulsa unha corrente catalanista política, primeiro no Centro Nacional Catalán e despois na Lliga Rexgonalista (Liga Rexionalista).

É autor tamén de La Nacionalitat Catalana (1906) (1906), considerada a obra máis importante do catalanismo político. Apoiou o intervencionismo da Lliga na política española; exemplo delo fora a redacción do manifesto Per Catalunya i per l’Espanya Gran (1916) (Por Cataluña e pola España Grande).