Žan Mark Šiško
Axente libre | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1997 (26 anos) Liubliana, Eslovenia |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 89 kg (196 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Canteira | Union Olimpija |
Internacional | Eslovenia |
Carreira | 2013−presente |
Historial de equipos | |
Union Olimpija (2013–2015) → Škofja Loka (2014−2015) Cibona (2015−2016) Ilirija (2016−2018) Koper Primorska (2018−2020) Bayern München (2020−2023) Río Breogán (2023) |
Žan Mark Šiško, nado o 29 de xuño de 1997 en Liubliana, é un xogador esloveno de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Olimipija, actualmente non ten equipo despois de abandonar o Río Breogán da Liga ACB por motivos persoais.[1] Cunha altura de 1,91 m, xoga na posición de base.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Liubliana, Šiško comezou a súa carreira profesional co principal equipo do seu país, a Union Olimpija, facendo a súa estrea oficial co primeiro equipo en marzo de 2014 aos 16 anos.[2] Durante a temporada 2015−2016, pasou formar parte da Cibona, debutanto o 1 de novembro de 2015 na Liga do Adriático conta o Igokea, rematando o encontro con 11 puntos e 3 asistencias. O 28 de decembro de 2019, Šiško asinou un contrato co club Bayern München. En xullo de 2022, Šiško renovou o seu contrato co Bayern por outros dous anos, aínda que en novembro de 2022 foi apartado do equipo por motivos persoais durante o resto da tempada. Após finalizar a temporada, o 21 de xuño de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB,[1] club que abandoa por motivos persoais o 27 de setembro de 2023.
Clubs[editar | editar a fonte]
- Union Olimpija (1. SKL, 2013–2014)
- Škofja Loka (2. SKL, 2014–2015)
- KK Cibona (HKS / ABA Liga / BCL, 2015–2016)
- Ilirija (1. SKL, 2016–2018)
- Koper Primorska (1. SKL / ABA Liga, 2018–2020)
- Bayern München (BBL / Euroliga, 2020–2023)
- Río Breogán (ACB / BCL, 2023−presente)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "O base esloveno Zan Mark Sisko, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 21 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xullo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Žan Mark Šiško, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1997
- Nados en Liubliana
- Xogadores de baloncesto de Eslovenia
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores do KK Union Olimpija
- Xogadores do KK Cibona
- Xogadores do KD Ilirija
- Xogadores do KK Koper Primorska
- Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Xogadores da selección de baloncesto de Eslovenia