Žan Mark Šiško

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Žan Mark Šiško
Axente libre
Información persoal
Nacemento 29 de xuño de 1997 (26 anos)
Eslovenia Liubliana, Eslovenia
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Posición Base
Información da carreira
Canteira Union Olimpija
Internacional Eslovenia
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Union Olimpija (2013–2015)
Škofja Loka (2014−2015)
Cibona (2015−2016)
Ilirija (2016−2018)
Koper Primorska (2018−2020)
Bayern München (2020−2023)
Río Breogán (2023)

Žan Mark Šiško, nado o 29 de xuño de 1997 en Liubliana, é un xogador esloveno de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Olimipija, actualmente non ten equipo despois de abandonar o Río Breogán da Liga ACB por motivos persoais.[1] Cunha altura de 1,91 m, xoga na posición de base.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Liubliana, Šiško comezou a súa carreira profesional co principal equipo do seu país, a Union Olimpija, facendo a súa estrea oficial co primeiro equipo en marzo de 2014 aos 16 anos.[2] Durante a temporada 2015−2016, pasou formar parte da Cibona, debutanto o 1 de novembro de 2015 na Liga do Adriático conta o Igokea, rematando o encontro con 11 puntos e 3 asistencias. O 28 de decembro de 2019, Šiško asinou un contrato co club Bayern München. En xullo de 2022, Šiško renovou o seu contrato co Bayern por outros dous anos, aínda que en novembro de 2022 foi apartado do equipo por motivos persoais durante o resto da tempada. Após finalizar a temporada, o 21 de xuño de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB,[1] club que abandoa por motivos persoais o 27 de setembro de 2023.

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "O base esloveno Zan Mark Sisko, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 21 de xuño de 2023. Consultado o 4 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Žan Mark Šiško, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]