Saltar ao contido

Índice de Desenvolvemento Humano

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

World map representing the inequality-adjusted Human Development Index categories (based on 2018 data, published in 2019).[1]
     0.800–1.000 (very high)      0.700–0.799 (high)      0.550–0.699 (medium)      0.350–0.549 (low)      Data unavailable

(Mapa para daltónicos) Problemas de visión co verde e vermello. O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo.

O índice foi desenvolvido en 1990 polo economista paquistanés Mahbub ul Haq e o economista indio Amartya Sen[2].

Criterios de avaliación

[editar | editar a fonte]
  • Educación: para avaliar a dimensión da educación o cálculo do IDH considera dous indicadores. O primeiro é a taxa de alfabetización, considerando a porcentaxe de persoas maiores de 15 anos de idade. O segundo é a taxa bruta de escolarización, combinando as medidas das taxas para a educación primaria, secundaria e superior.
  • Lonxevidade: a lonxevidade é avalidada considerando a esperanza de vida ó nacer, que permite a medición indirecta da satisfacción de bens materiais esenciais tales como o acceso a unha alimentación sa, á auga potable, a unha vivenda digna, a unha boa hixiene e a coidados médicos.
  • Nivel de vida/renda: calcúlase mediante o logaritmo do Produto Interior Bruto por habitante en paridade de poder adquisitivo, en dólares. Engloba os elementos da calidade de vida que non son descritos polos dous índices anteriores, como a mobilidade ou o acceso á cultura.

Cálculo do IDH

[editar | editar a fonte]

O IDH calcúlase como a media aritmética dos índices de lonxevidade, nivel de educación e nivel de vida ou renda.

  • (onde = Lonxevidade, = Educación e = Renda)

O cálculo destes índices vén dado no seguinte cadro:

Cálculo dos índices que compoñen o Índice de Desenvolvemento Humano.
Índice Medida Valor mínimo Valor máximo Fórmula
Lonxevidade esperanza de vida ó nacer (EV) 25 anos 85 anos
Educación Taxa de alfabetización (TA) 0% 100%
Taxa bruta de escolarización (TBS) 0% 100%
Renda logaritmo do PIB por habitante
en paridade de poder adquisitivo
100 USD
40 000 USD

Clasificación do IDH

[editar | editar a fonte]

No informe publicado en 2007 o Índice de Desenvolvemento Humano oscila entre Islandia cun índice de 0,968 na primeira posición ó 0,336 de Serra Leoa no posto 177.

Os estados clasifícanse en 3 grandes grupos_

  • Estado con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8): 70.
  • Estado con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8): 85.
  • Estado con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5): 22.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "DATA CENTER DO PNUD".