Éforo de Cumas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉforo de Cumas
Biografía
Nacementoc. 400 a. C. Editar o valor em Wikidata
Cime (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 330 a. C. Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Actividade
Campo de traballoHistoriador Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , escritor Editar o valor em Wikidata
ProfesoresIsócrates de Atenas Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosDemophilus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Éforo de Cumas (grego antigo Ἔφορος), nado en Cumas no -400 (outros din que no -380) e finado en -330, foi un historiador grego do século -IV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A información sobre a súa biografía é limitada. Foi o pai do historiador Demófilo, de quen seguiu os pasos como historiador, e segundo Plutarco, declinou a oferta de Alexandre Magno de acompañalo na súa campaña persa, como historiador oficial[1]. Xunto co historiador Teopompo, foi discípulo de Isócrates.

Obras[editar | editar a fonte]

A súa principal obra é unha Historia universal en 29 libros, que foi editada polo seu fillo Demófilo, quen engadiu un tomo máis. Contén unha descrición das Guerras Sacras, con outras narracións do tempo dos Heráclidas, até a toma de Perinto por Filipo II de Macedonia, cubrindo un período de máis de setecentos anos[2]. Segundo Polibio, Éforo foi o primeiro historiador, autor dunha historia universal[3]. Para cada un dos 29 libros, Éforo escribiu un prooimion (prefacio). O traballo seguía unha temática, máis que unha estrita orde cronolóxica.

As súas fontes foron textos de Heródoto, Tucídides, Ctesias e Calístenes de Olinto. A súa actitude moralista e o racionalismo con que afronta os mitos, son dous constantes do seu estilo literario.

Diodoro Sículo foi o principal responsábel da preservación desta obra para a posteridade, ao copiar moitas dos seus partes, que constitúen a única narración continuada da historia de Grecia entre o -480 e o -340[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Plutarco (mor. p. 1043d = T 6).
  2. Diodoro Sículo Biblioteca Histórica xvi, 76
  3. Polibio v, 33.2
  4. Meister, Die griechische Geschichtsschreibung Kolhlhammer, 1990, p. 85.