Calístenes de Olinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calístenes de Olinto
Nacementoc. 360 a. C.
Lugar de nacementoOlinto
Falecemento327 a. C.
Ocupaciónhistoriador e escritor
editar datos en Wikidata ]

Calístenes, en grego antigo Καλλισθένης, en latín Callisthenes, foi un historiador grego do século III a. C. orixinario de Olinto (en grego Ὄλυνθος, en latín Olynthus), na península calcídica. Acompañou a Alexandre Magno nas súas expedicións asiáticas e deixou constancia escrita; tamén foi autor doutras obras historiográficas, pero na actualidade non se conserva ningunha obra de Calístenes. Atribúeselle falsamente o coñecido romance de Alexandre, e o seu autor é xeralmente coñecido como Pseudo-Calistenes.[1]

Por parte da súa nai era sobriño de Aristóteles, quen foi o seu mestre e recomendouno a Alexandre, acompañándoo nas súas expedicións a Asia como cronista oficial. Caendo en desgraza, en -327 foi acusado de conspiración e detido en Bactria e preso nunha gaiola de ferro. Dise que a causa foi a súa negativa a axeonllarse ante Alexandre como emperador.[2]

As súas obras principais foron Os Helenos e a Historia de Alexandre, das que só quedan fragmentos tirados de citas doutros autores. Os Helenos trataron o período desde a Paz de Antalcides, que puxo fin á Guerra de Corinto entre Esparta e Atenas, Corinto, Tebas e Argos; até o comezo da Guerra focense. A Historia de Alexandre foi unha crónica das conquistas de Alexandre, de grande valor porque Calístenes viviunas de primeira man. Aínda que se perdeu a orixinal, utilizárona numerosos autores e consérvanse varios testemuños e citas directas, entre elas unha descrición da batalla de Issos e outra da batalla de Gaugamela.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Calístenes de Olinto". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.  (en catalán)
  2. 2,0 2,1 Louise, Marie. Callisthenes. Encyclopaedia Iranica. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]