Zhang Yushu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZhang Yushu
Nome póstumo文貞 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1642 Editar o valor em Wikidata
Morte1711 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Wén huá diàn dàxué shì (en) Traducir
Bingbu shangshu of the Qing dynasty (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Qing Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico e Old Mandarin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Zhang Yushu (chinés tradicional: 張玉書‎; chinés simplificado: 张玉书; pinyin: Zhāng Yùshū; Wade-Giles: Chang14-shu1), nado o 22 de xullo do 1642 e finado o 2 de xullo do 1711, foi un político e erudito chinés da dinastía Qing. Foi un dos editores principais do Kangxi zidian e do Peiwen yunfu, xunto con Chen Tingjing.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado en Dantu (provincia de Jiangsu), Zhang Yushu aprobou os exames imperiais no 1661, obtendo o grao de jinshi 進士. Foi destinado á Academia Hanlin, e ascendido ao rango de compilador tres anos despois. Mantivo o posto durante doce anos, até que o nomearon titor da Academia Imperial.[1] Alí, foi director xeral da Xunta de Historia dende o 1679, e tivo o encargo de axudar a editar a Mingshi 明史 (Historia dos Ming, 1739), xunto con Ye Fang'ai e Xu Yuanwen.[2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

A continuación, foi ascendido a expositor da academia Hanlin e, no 1681, a reitor da Gran Secretaría. No 1684, foi nomeado vicepresidente do Ministerio de Ritos, pero mantendo tamén o seu posto na academia Hanlin. No mesmo ano, faleceu o seu pai, polo que Zhang Yushu se retirou da vida pública para respectar o período de loito. No 1687, regresou ao servizo público como Ministro de Xustiza.[1] Dous anos despois, converteuse en Ministro dos Ritos. Durante esta época, visitou Gaoyao con Xiong Cili para inspeccionar os traballos de conservación do río.[3] No 1690, foi nomeado Gran Secretario do Salón Wenhua e Ministrio de Finanzas.[1]

Campañas militares[editar | editar a fonte]

No 1696, viaxou por Mongolia co emperador Kangxi na súa expedición contra Galdan. Ao ano seguinte, xunto cos Grandes Secretarios Li Tianfu e Xiong Cili, encargóuselle a compilación do Pingding shuomo fang lüe 平定朔漠方略, un rexistro oficial das campañas militares dos Qing contra os zúngaros.[4] Zhang tivo que retirarsd no 1698 a causa do loito polo pasamento da súa nai, mais volveu ao traballo no 1700. Uniuse á cuarta campaña do emperador cara ao sur no 1703, e trasladouse con el a Rehe no 1708, redactando unha lista dos dominios do gobernante na rexión.[5]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Os seus últimos anos invertiunos na edición do Peiwen yunfu e do Kangxi zidian. Faleceu no 1711, mentres acompañaba ao emperador a Jehol. Zhang recibiu o nome honorífico póstumo de Wenzhen 文貞, que foi incluído no Templo de Homes de Estado Eminentes durante o reinado de Yongzheng.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ying, Fang-chao (1943). "Chang Yü-shu". En Hummel, Arthur W. Sr. Eminent Chinese of the Ch'ing Period (en inglés). United States Government Printing Office. 
  2. "Timeline of the Ming & Qing Palace Events - Kangxi Reign". The Palace Museum (en inglés). Consultado o 2024-02-01. 
  3. Wang, Shizhen (2019). "A Chinese Bannerman Expert in Waterworks: Epitaph for Director General or River Conservancy Jin Wenxiang (Jin Fu, 1633-1692)". En Ebrey, Ping e Zhang. Chinese Funerary Biographies: An Anthology of Remembered Lives (en inglés). University of Washington Press. ISBN 9780295746418. 
  4. Perdue, Peter (2002). "Qing Empire in Eurasian Time and Space: Lessons from the Galdan Campaings". En Struve, Lynn. The Qing Formation in World-Historical Time (en inglés). Harvard University Asia Center. ISBN 978-1-68417-398-3. 
  5. Whiteman, Stephen H. (2020-01-09). Where Dragon Veins Meet: The Kangxi Emperor and His Estate at Rehe (en inglés). University of Washington Press. ISBN 978-0-295-74581-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]