Uribarri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Uribarri na cidade de Bilbao.

Uribarri é un distrito da cidade de Bilbao, capital da provincia vasca de Biscaia. Divídese nos barrios de Castaños, Matiko-Ciudad Jardín, Uribarri e Zurbaran-Arabella.

Durante moitos anos, Uribarri foi unha zona de caseríos espallados dependentes do elizate de Begoña. Actualmente, tras a urbanización derivada da industrialización nos anos 60, moitas das súas rúas adoptaron nomes de antigos caseríos; por exemplo, a rúa Trauco provén dun caserío situado nesta zona denominado Trauku.

Barrios[editar | editar a fonte]

  • Arabella
  • Gazteleku
  • Lorategi-hiri
  • Matiko
  • Uribarri
  • Zurbaran

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]