Zbigniew Boniek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zbigniew Boniek
Información persoal
Nome Zbigniew Kazimierz Boniek
Nacemento 3 de marzo de 1956 (68 anos)
Lugar de nacemento Bydgoszcz
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista/Dianteiro
Carreira xuvenil
1966–1975 Zawisza Bydgoszcz
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1975–1982 Widzew Łódź 156 (50)
1982–1985 Juventus 81 (13)
1985–1988 Roma 76 (17)
Selección nacional
1976–1988 Polonia 80 (24)
Adestrador
1990–1991 Lecce
1991–1992 Bari
1992–1993 Sambenedettese
1994–1996 Avellino
2002 Polonia
Na rede
Twitter: BoniekZibi FIFA: 160825 UEFA: 150063245 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]
’’Boniek Star’’
Boniek, (2011)

Zbigniew "Zibì" Kazimierz Boniek, nado o 3 de marzo de 1956 en Bydgoszcz, é un exfutbolista e adestrador de fútbol polaco. Xogaba de centrocampista e dianteiro e foi internacional coa selección polaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros clubs, no seu país de orixe foron o Zawisza Bydgoszcz e o Widzew Łódź.

No ano 1982 foi transferido á Juventus, coverténdose no primeiro futbolista polaco en xogar nunha das grandes ligas europeas. Ese mesmo ano, no Mundial de 1982 conseguiu o terceiro posto coa selección. Co equipo nacional xogaría un total de 80 encontros anotando 24 goles.

Na súa carreira de clubs tampouco lle foi nada mal, gañando unha Recopa en 1984, unha Supercopa Europea nese mesmo ano, e ao ano seguinte a Copa de Europa, todo co club Turinés.

O Presidente da Juventus naqueles tempos alcumouno Bello di notte (Fermoso de noite) , polas boas actuacións que facía sempre nos encontros que se xogaban á tardiña.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Boniek adestrou en Italia, nos clubs Lecce en 1990-91, Bari en 1991-92, Sambenedettese en 1992-93, e Avellino en 1994-96.

Nos últimos anos foi o vicepresidente da Federación Polaca de Fútbol a en xullo de 2002 fíxose cargo do posto de adestrador da selección do seu país. Aos poucos meses dimitiu a causas dos mediocres resultados da escuadra ó seu cargo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]