Río Zapardiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Zapardiel")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Zapardiel
Zapardiel 1.JPG
O leito do río Zapardiel en Medina del Campo.
PaísEspaña España
NacementoLagoa de San Martín de las Cabezas
Altitude1.145 msnm
Lonxitude103 km
Conca1.445 km²
Caudal medio1,14 m³/s
DesembocaduraRío Douro

O Zapardiel é un río do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe esquerda. O seu caudal é escaso e moi contaminado nalgúns tramos. Ten unha lonxitude de 103 km percorrendo as provincias de Ávila e Valladolid, en Castela e León.

O río Zapardiel nace na Lagoa de San Martín de las Cabezas, no municipio de El Parral (Ávila), pasa por Fontiveros e despois por Medina del Campo, para desembocar, a unha altura de 673 msnm, pola marxe esquerda, no Douro, preto de Tordesillas (Valladolid). Aínda que o Zapardiel nunca tivo un caudal permanente (salvo no inverno), nos últimos anos secouse practicamente de todo; é, polo tanto, o que se chama un río transitorio (está sempre seco agás cando hai grandes descargas torrenciais).

Actualmente está sumamente degradado debido á escorrentía de nutrientes, pesticidas e herbicidas agrícolas, as verteduras urbanas e industriais, os entullos, a sobreexplotación de acuíferos para regadío, a industria ou o consumo humano dos termos municipais polos que pasa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]