Zaparín, Cortegada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Zaparín")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zaparín
Ara hispanorromana de Zaparín, Cortegada, Ourense.jpg
Ara romana de Zaparín.
ConcelloCortegada[1]
ProvinciaOurense
Poboación23 hab. (2017)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Zaparín é unha parroquia do concello de Cortegada, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 31 habitantes, dos cales 9 eran homes e 22 eran mulleres.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Zaparín atópase nunha pequena terraza sobre o canón do río Arnoia sendo a aldea situada no punto xeográfico máis alto do concello de Cortegada dominando todo o val do concello da Arnoia e parte dos de Gomesende e Cartelle. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Piñón e A Raíña, ao leste con Carballeda(abandonada dende os 80 ) e oeste con Louredo.

Historia e patrimonio[editar | editar a fonte]

No lugar de Zaparín hai unha ara romana adicada aos deuses Ceceaigis. A igrexa parroquial é do século XVII con engadidos posteriores, como a espadana de 1911. No lugar da Torre hai un peto de ánimas só decorado por un atrio cuberto por falsa bóveda.

En 1218, Pedro Fernandi "milite de Zaparín" foi nomeado polo rei Fernando III de Castela casteleiro das fortalezas de Sande (Cartelle) e santa Cruz (Quintela de Leirado), que máis adiante tería un preito posto polo abade do mosteiro de Celanova por mor da titularidade da torre de Sande. Xa durante o Antigo Réxime o lugar pertenceu ao couto do priorado de Refoxos.

A parroquia foi creada no ano 1893, segregándose os seus lugares da de Refoxos.[2]

Ata mediados dos 90 tivo tenda de ultramarinos e foi lugar de paso cara o Santuario de O Val.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Zaparín[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Zaparín no concello de Cortegada (Ourense)

Cerdeiral | Fondevila | Piñón | A Raíña | A Torre | Zaparín

Parroquias de Cortegada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]