Meréns, Cortegada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Meréns | |
|---|---|
Cemiterio de Meréns. | |
| Concello | Cortegada[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°14′02″N 8°09′53″O / 42.233888888889, -8.1647222222222 |
| Poboación | 45 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 1[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Cibrán de Meréns é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2009 tiña 66 habitantes (29 homes e 37 mulleres). Limita ao norte con Lapela, ao leste con Louredo, ao sur co Rabiño e ao oeste co río Miño.
Economía
[editar | editar a fonte]Dedícase ao cultivo do pemento da Arnoia e autoconsumo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Hai restos romanos (unha ara romana onde antes estaba a vella capela) e un escudo heráldico no pazo dos Puga do século XVIII. Fermín Bouza Brey deixou recollido[onde?] o achado da ara romana (así como da pía bautismal do século XIV) e a hipótese de que no cumio do Coto de Meréns se atopase un rollo xurisdicional (forca).
A súa igrexa parroquial é dos anos 50 e o pazo de Meréns é unha casa cuxo único adorno é o escudo máis grande de Galicia, atopándose fronte a unha pequena praza onde hai un peto de ánimas. O seu patrón é o autor do Ciprianillo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Meréns
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Meréns no concello de Cortegada (Ourense) | |
|---|---|