Saltar ao contido

Youssou N'Dour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYoussou N'Dour

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Dakar, Senegal Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, cantautor, cantante Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMbalax (en) Traducir e afrobeat (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSony Music Editar o valor en Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsBouba Ndour Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0618468 Facebook: youssoundourofficiel Twitter: youssoundoursn Instagram: youssoundour1959 Youtube: UCPzoHRR53Gi5pT8kHU9FptQ Spotify: 77zlytAFjPFjUKda8TNIDY iTunes: 153580 Last fm: Youssou+N'Dour Musicbrainz: af081ea2-7a2c-4fbd-8200-92d62056b5f5 Songkick: 323985 Discogs: 17590 Allmusic: mn0000692100 WikiTree: N'Dour-1 Deezer: 203 Genius: Youssou-ndour Editar o valor en Wikidata

Youssou Madjiguène Ndour,[1] nado en Dakar[2] o 1 de outubro de 1959, é un cantante, músico, actor, empresario e político senegalés. En 2004, a revista Rolling Stone describiuno como "quizais o cantante vivo máis famoso" no Senegal e en gran parte de África.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Etnicamente,[4] N'Dour é serer, nado dun pai serer e unha nai toucouleur.[2][5] Porén, culturalmente, N'Dour é wolof.[5]

Youssou N'Dour comezou a actuar dende moi novo, con tan só doce anos de idade, logrando facerse popular en pouco tempo. O seu punto de partida foi o mbalax, música popular do país, xurdida como unha mestura do estilo dos tradicionais griot, ou narradores de contos, cos ritmos afrocubanos traídos co regreso dos caribeños a África Occidental entre anos 40 e 60. A mediados dos anos 1970 esta fusión remesturouse con ritmos de danzas senegalesas, solos de saxofón, guitarras, percusións marcadas e cánticos relixiosos sufís musulmáns. Ademais, os músicos novos senegaleses recibiron as influencias do jazz e do rock norteamericanos, con músicos como Jimi Hendrix, James Brown ou o mexicano Carlos Santana. Todo se uniu nun Dakar cosmopolita, que á súa vez trataba de descubrir a súa herdanza musical con trobadores tradicionais ou cantantes. Neste ambiente, o mbalax atopou un baluarte en Youssou N'Dour.

Aos quince anos, N'Dour uniuse a Super Diamono e en 1975 foi de xira co grupo por África Occidental.[6][7] En 1976 asinou un contrato para cantar coa Star Band de Ibra Kasse no club Kasse's Miami de Dakar, onde se converteu nunha sensación. En 1978, N'Dour e outros membro do grupo deixárono para formar Étoile de Dakar, unha banda que fixo importantes contribucións ao mbalax.[8] Aínda que se converteron rapidamente nun grupos máis populares da cidade,[9] a banda durou pouco por problemas internos.

Comprometido social e politicamente, en 1985 organizou un concerto pola liberación do líder surafricano Nelson Mandela e en 1988 actuou na xira mundial de Amnistía Internacional Human Rights Now! Tour. Tamén traballou para a ONU e UNICEF e participou no Proxecto Joko para instalar Internet no Senegal.

Co paso dos anos, N'Dour converteuse nun dos músicos africanos máis coñecidos, colaborando con estrelas da múisca pop occidental como Peter Gabriel,[10] Sting,[11] Wyclef Jean,[11] Paul Simon,[12] Bruce Springsteen, Neneh Cherry[12] ou Tracy Chapman e africanos como Manu Dibango. En 1994, N'Dour estreou o seu maior éxito, a canción trilingüe "7 Seconds", dúo con Neneh Cherry. En 1998 escribiu e interpretou xunto coa cantautora belga Axelle Red a canción "Le Cour des Grands", himno da Copa Mundial de Fútbol dese ano.[13]

O 16 de outubro de 2000, N'Dour foi nomeado Embaixador de Boa Vontade da FAO.[14]

En 2002 gañou un Premio Príncipe Claus[15] e en 2005 recibiu un Premio Grammy polo seu álbum Egypt. En maio de 2013 foi galardoado co premio musical Polar da música.[16]

A principios de 2012 anunciou plans para presentarse como candidato na elección presidencial do Senegal, competindo contra o presidente Abdoulaye Wade.[17][18] Non obstante, foi descualificado por dúbidas sobre a lexitimidade das sinaturas que achegara.[19] N'Dour adheriuse ao candidato da oposición Macky Sall, que derrotou a Wade na segunda rolda en marzo de 2012. N'Dour foi nomeado ministro de Cultura e Turismo en abril de 2012 como parte do goberno do novo primeiro ministro Abdoul Mbaye.[20] Foi apartado do posto o 2 de setembro de 2013 co nomeamento do goberno do primeiro ministro Aminata Touré.[21] N'Dour foi entón nomeado conselleiro especial do presidente con rango de ministro,[22] coa misión de promover o país no estranxeiro.[23]

  1. Xalima, Youssou « Madjiguéne » devenu l’ennemi des hommes sénégalais... (28 de novembro de 2019) [1]
  2. 2,0 2,1 Sturman, Janet, The SAGE International Encyclopedia of Music and Culture, SAGE Publications (2019), p. 1926, ISBN 9781483317748. Consultado o 13 de xullo de 2019
  3. Considine, J. D., and Matos, Michaelangelo, "Biography: Youssou N'Dour" RollingStone.com, 2004.
  4. Na rexión de Senegambia, igual que en moitas culturas africanas, a etnia dunha persoa determínase pola ascendencia ou o apelido paterno. N'Dour e as súas variantes Ndure ou Ndour é un apelido tipicamente serer. Véxase Mwakikagile, Godfrey, The Gambia and Its People: Ethnic Identities and Cultural Integration in Africa, New Africa Press (2010), p. 136, 141. ISBN 9789987160235
  5. 5,0 5,1 "La musique me portait, c'était ma seule langue". Le Monde.fr (en francés). 12 de agosto de 2005. 
  6. Hardy, Phil, The Da Capo Companion to 20th-century Popular Music, Da Capo Press (1995), p. 682, ISBN 9780306806407
  7. Appiah, Anthony, Gates, Henry Louis, Encyclopedia of Africa, Volume 1, Oxford University Press (2010), p. 562, ISBN 9780195337709 [2]
  8. Hudson, Mark, essay in liner notes of "Once Upon a Time in Senegal", Etoile de Dakar, Sterns Music 2010, p. 14
  9. Denselow, Robin (6 de maio de 2010). "Etoile de Dakar featuring Youssou N'Dour: Once Upon a Time in Senegal". The Guardian (Londres). 
  10. Llewellyn Smith, Caspar (15 de xuño de 2008). "Soundtrack of my life: Youssou N'Dour". Guardian.co.uk. Londres. Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  11. 11,0 11,1 Hudson, Mark (12 de decembro de 2002). "Supernatural superstar". Londres: Telegraph.co.uk. Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  12. 12,0 12,1 Cumming, Tim (21 de outubro de 2004). "Youssou N'Dour and the Fathi Salama Orchestra, Barbican, London". Independent.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2009. 
  13. Perrone, Pierre (29 de maio de 1998). "Music: The song remains the game". The Independent (en inglés) (Londres: Independent.co.uk). Consultado o 4 de xaneiro de 2012. 
  14. "Youssou N'Dour". Food and Agriculture Organization. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2009.  Arquivado 07 de agosto de 2009 en Wayback Machine.
  15. "Premio Príncipe Claus". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2024. Consultado o 06 de marzo de 2024. 
  16. "Youssou N'Dour y Kaija Saariaho ganan premio Polar, el "Nobel" de la música". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2013. 
  17. "Message Nouvel an : Youssou Ndour confirme sa candidature à la Présidentielle 2012" (en francés). Seneweb. 2 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  18. Diene, Charles Gaïky. "Course à la présidentielle : Youssou Ndour sur la ligne de départ". WalFadjri (en francés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  19. "Senegal clashes erupt as court clears Wade poll bid". BBC News. 28 de xaneiro de 2012. 
  20. "Senegal musician Youssou Ndour given ministerial post". BBC News (en inglés). 5 de abril de 2012. 
  21. "Sénégal : un nouveau gouvernement formé, sans le chanteur Youssou Ndour" Arquivado 14 de setembro de 2017 en Wayback Machine., Agence France-Presse, 2 de setembro de 2013 (en francés)
  22. "C’est officiel : Youssou N'dour nommé Conseiller spécial, avec rang de ministre", Dakaractu, 9 de setembro de 2013 (en francés).
  23. Benjamin Roger, "Yasmina Khadra, Youssou N’Dour, George Weah… Ces personnalités qui rêvaient d’être président", Jeune Afrique, 8 de novembro de 2013 (en francés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]