Ynys Enlli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ynys Enlli
Ynys Enlli en galés
Illa de Enlli dende Mynydd Mawr
Bardsey en Gales
Bardsey
Bardsey
Localización da illa
Situación
PaísGales Gales
Condado de Gwynedd
MarMar de Irlanda (na baía de Ceredigion)
Coordenadas52°46′N 4°47′O / 52.76, -4.79Coordenadas: 52°46′N 4°47′O / 52.76, -4.79
Xeografía
Superficie1,80 km² km²
Longura máxima2,5 km
Punto máis alto167 m (Mynydd Enlli)
Demografía
Poboación10 hab.
Lingua propiaGalés

A Illa de Enlli (en galés: Ynys Enlli, en inglés: Bardsey Island) é unha illa que se localiza á entrada da baía de Ceredigion, en Gwynedd, Gales.

Na illa fundouse no século VI un mosteiro dedicado a San Cadfan, pero as ruínas que se conservan hoxe son dunha abadía que data do século XIII. A mediados do século XVIII estableceuse unha comunidade mariñeira. En 1925 a illa estaba habitada por 100 persoas, pero pouco despois a maioría deixárona. O punto máis alto é o Mynydd Enlli (167 m).

A illa pertence e é dirixida pola «Fundación da Illa Bardsey» (Ymddiriedolaeth Ynys Enlli / Bardsey Island Trust) que a adquiriu en 1979 despois de recadar cartos mediante subscrición pública. Durante moitos anos, formara parte dos bens da familia Newborough de Glynllifon, preto de Caernarfon. Outrora, albergou unha poboación de 92 persoas segundo o censo de 1851. Era tradición para os homes máis vellos da illa nomear un Brenin Enlli (Rei de Enlli), coroado por Lord Newborough ou o seu representante. A coroa gárdase no Museo Marítimo en Liverpool, aínda que se fixeron peticións para que regrese á illa. En 1935, a poboación caera a 33 habitantes. Por mor da caída da poboación, a pequena escola da illa pechou cara 1950.

Peregrinación[editar | editar a fonte]

A illa foi un lugar de peregrinación, especialmente popular con peregrinos que ían morrer para seren enterrados na illa. Dalí xurdiu a tradición de que vinte mil santos están soterrados na illa. Tres peregrinacións a Enlli foron cualificadas como equivalentes a unha peregrinación a Roma. San Deiniol e San Dubricius foron enterrados na vella abadía antes de seren trasladados a Bangor e á Catedral de Llandaff respectivamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]