Yngwie Malmsteen
Yngwie Malmsteen | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Lars Johan Yngve Lannerbäck |
Data nacemento | 30 de xuño de 1963 (59 anos) |
Nado en | Estocolmo |
Cónxuxe | April Malmsteen e Erika Norberg |
Ocupación | cantante, guitarrista, director de orquestra, compositor, produtor musical e artista discográfico |
Instrumento(s) | guitarra |
Relacionado con | Steeler, Alcatrazz, Rising Force, G3, W.A.S.P. |
Pseudónimo | Yngwie Malmsteen |
Na rede | |
https://www.yngwiemalmsteen.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Yngwie Malmsteen, nado coma Lars Johan Yngve Lannerbäck o 30 de xuño de 1963 en Estocolmo, é un guitarrista e compositor sueco residente en California. Atribúeselle a maior influencia na creación do subxénero coñecido como metal neoclásico e é un dos grandes expoñentes da técnica shredding na guitarra eléctrica durante a década dos 80.
Historia[editar | editar a fonte]
Segundo el, todo comezou escoitando a Jimi Hendrix pola radio, ademais de a Ritchie Blackmore (de quen se declara fan abertamente) cando era neno.
Debutou en 1980 con Alcatraz. Ó pouco tempo separouse do grupo para levar a cabo o seu propio proxecto, que chamou Rising Force. As influencias barrocas de Vivaldi ou Bach, e os virtuosismos de Paganini configuraron un estilo moi particular que foi moi decisivo para a aparición do Metal Neo-Clásico.
Achegas técnicas[editar | editar a fonte]
A música, en particular o Metal débelle, entre outras achegas, o desenvolvemento de técnicas coma o Sweep Picking, o Contrapúa de alta velocidade, ademais do uso masivo de ostinatos, técnicas das cales foi un dos pioneiros e maiores expoñentes, na década dos 80.
Discografía[editar | editar a fonte]
- Rising Force (1984).
- Marching Out (1985).
- Trilogy (1986).
- Odyssy (1988).
- Trial By Fire / Live in Leningrad (1989).
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |