Yannick Bellon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYannick Bellon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie-Annick Bellon Editar o valor em Wikidata
6 de abril de 1924 Editar o valor em Wikidata
Biarritz (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 2019 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
18.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitut des Hautes Études Cinématographiques (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , produtora , guionista , montador , realizadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiDenise Bellon (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLoleh Bellon Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0069198 Allocine: 2495 Allmovie: p81301 Editar o valor em Wikidata

Marie-Annick Bellon, coñecida publicamente como Yannick Bellon, nada en Biarritz (Pireneos Atlánticos) o 6 de maio de 1924 e finada en París o 2 de xuño de 2019, foi unha directora de cine francesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Proviña dunha familia de artistas próximos ao movemento surrealista. Era filla da fotógrafa Denise Bellon (coñecida polas súas achegas documentais sobre o surrealismo e as súas reportaxes de viaxes) e sobriña do cineasta e actor Jacques Brunius.

As súas películas abordaron temas polémicos na sociedade: a violación, o cancro, a bisexualidade e alimentaron debates e controversias.[2]

Comeza primeiro a dirixir curtametraxes. A súa segunda longametraxe destaca especialmente: La Femme de Jean (1974) película na que a protagonista tenta reconstruír a súa vida despois do seu divorcio. En L'Amour Violé (1978) con Nathalie Nell, Pierre Arditi e Daniel Auteuil efectúa a autopsia dunha violación e a readaptación posterior. A película tivo dificultades para atopar un produtor mais foi amplamente vista e xerou unha importante polémica.[2] En 1981 estrea L'Amour nu sobre a historia dunha muller con cancro de mama que esconde a súa enfermidade ao home do que está namorada. Tres anos despois, con La Triche, Victor Lanoux encarna o papel dun comisario de policía, pai de familia, que non ten problema en lucir os seus enredos amorosos con mulleres mais, porén, esconde coidadosamente as relacións cos homes.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A súa irmá Loleh Bellon é actriz dramática. Era tamén tía de Jaime Semprún.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Goémons (1947)
  • Colette (1951)
  • Varsovie, quand même... (1954)
  • Un matin comme les autres (1956)
  • Le second souffle (1959)
  • Le bureau des mariages (1962)
  • Quelque part quelqu'un (1972)
  • La femme de Jean (1974)
  • Jamais plus toujours (1976)
  • L'amour violé (1978)
  • L'amour nu (1981)
  • La triche (1984)
  • Les enfants du désordre (1989)
  • L'affût (1992)
  • Le souvenir d'un avenir (2001), con Chris Marker. Película sobre a súa nai, Denise Bellon

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

No ano 1974 gañou a Concha de prata á mellor dirección do Festival Internacional de Cine de Donostia por La femme de Jean.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morreu a cineasta feminista Yannick Bellon (1924-2019)
  2. 2,0 2,1 2,2 "Mort de la cinéaste féministe Yannick Bellon" (en francés). 3 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  3. "Festival de San Sebastián". sansebastianfestival (en castelán). Consultado o 2023-05-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]