Saltar ao contido

Xoán I de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán I de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean Ier de France Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1316 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de novembro de 1316 Editar o valor en Wikidata (< 1 ano)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis (cripta) Editar o valor en Wikidata
Rei de Francia
14 de novembro de 1316 – 19 de novembro de 1316
← Lois X de FranciaFilipe V de Francia →
Rei de Navarra
14 de novembro de 1316 – 19 de novembro de 1316
← Lois X de FranciaFilipe V de Francia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Francia
Rei de Navarra Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor en Wikidata
PaisLois X de Francia Editar o valor en Wikidata  e Clemência da Hungria Editar o valor en Wikidata
IrmánsXoana II de Navarra Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
nacemento póstumo
morte infantil Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Capet-667 Find a Grave: 21081 Editar o valor en Wikidata
Xoán I o Póstumo

Xoán I de Francia e Navarra o Póstumo, nado no Palacio do Louvre (París) o 15 de novembro de 1316 e finado no mesmo lugar o 19 de novembro dese mesmo ano, foi rei de Francia e Navarra (1316).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Naceu no Palacio do Louvre de París o 15 de novembro de 1316, sendo o único fillo masculino do rei Lois X de Francia e da súa segunda esposa Clemencia de Hungría. Era neto pola liña paterna de Filipe IV de Francia e da raíña Xoana I de Navarra e por liña materna de Carlos I de Hungría. Era irmán, por parte do pai, da raíña Xoana II de Navarra.

Fillo póstumo

[editar | editar a fonte]

Xoán I naceu en novembro, cinco meses despois da morte do seu pai. Á morte do seu pai, estableceuse a rexencia do seu tío Filipe de Francia, á espera de ver o sexo do recentemente nado e cederlle os dereitos reais, sempre que fose un fillo varón, ou de escoller un novo monarca, no caso de que se tratase dunha muller, que non podía reinar en Francia con cargo á Lei sálica.

Desde o momento en que naceu foi nomeado rei de Francia, pero morreu o 19 de novembro no palacio do Louvre, despois de cinco días do seu nacemento. Sucedeuno o rexente e tío de Xoán I, Filipe V de Francia.

Pretensións ao trono

[editar | editar a fonte]

A súa irmá máis vella, Xoana de Navarra, disputoulle o trono ao seu tío. Segundo a lei sálica, non podía reinar en Francia, pero si no Reino de Navarra, polo que invocou os seus dereitos sobre Navarra. Tamén invocou a Lei feudal, pola que si que podían reinar as mulleres.

Malia as súas reclamacións sobre Navarra, tivo que esperar á morte dos seus tíos Filipe V e Carlos IV de Francia para acceder ao trono navarro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]