Xosé Otero Canto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1951 (73 anos) A Ponte de Outeiro, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | catedrático, escritor |
Xosé Otero Canto, nado na Ponte de Outeiro (Outeiro, Castro de Rei)[1] o 6 de xuño de 1951,[2] é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Instituto Masculino de Lugo. Rematou Maxisterio en 1967, estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, promoción 1970-1975. Foi profesor na academia Lope de Vega e no Colexio Fingoi de Lugo entre 1977 e 1979. Nese ano aprobou oposicións para o ensino medio.
Deu clase no Instituto de Formación Profesional de Guitiriz, onde foi membro do equipo directivo, no IES Muralla Romana de Lugo e no IES Lucus Augusti, do que foi catedrático de lingua e literatura castelá. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e profesor relator no Centro de Formación Continuada do Profesorado en Lugo.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Salaios da chaira, 2006, Fundación Manuel María.
- Arelas de prata e soños, IESCHA 2008.
- Guía poética da muralla de Lugo, 2010, Concello de Lugo.
- Miño, río pai e amigo, 2010, Irmandade Manuel María.
- Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas, 2010, Espiral Maior.
- Poemas da cidade, 2010, Follas Novas.
- Nenias chairegas, 2013, Alvarellos Editora.
- Poética da viaxe, 2012, Iescha.
- Valuria, 2015, Irmandade Manuel María.[3]
- As Catedrais, portas do misterio, 2016, Concello de Ribadeo.[4]
- Telúrica, 2017. Alvarellos Editora. Libros do Sarela.[5]
- Muralla, lúa chea imperial, 2017. Concello de Lugo[6]
- Sinódica luz, 2018. Ourense: Editorial Cuestión de Belleza. ISBN 978-84-944866-8-5[7][8]
- Berce máxico e uterino (Lendas da lagoa de Fonmiñá). Lugo, 2022. ISBN 978-84-09-37740-4
- Romanceiro do Pedregal de Irimia -Lendas-. Edita Irmandade Manuel María e Concello de Meira. Coruña 2024. ISBN 978-84-09-57069-0
- Crónica da Valuria. Edita Irmandade Manuel María.Coruña 2024.ISBN 978-84-09-59757-4
Prólogos
[editar | editar a fonte]- Nube de seda na lúa e outros relatos, de Xosé Luís Vázquez Somoza (2009)
- Tebras, de Anxo Lamas (2012)
- Un nuevo amanecer, de Francisco Neira Pampín, 2023. "Proemio para F.J. Neira Pampín". Edit. Punto Rojo. ISBN:979-88-65241-94-2.
- Un nuevo amanecer, de José Carlos Ulloa García, 2023."Exordio para J.C. Ulloa García". Edit. Punto Rojo. ISBN: 979-88-65241-94-2.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- A poesía de Avelino Díaz en "Debezos". Biblioteca Virtual de Galiciadixital.
- Imos coller niños novos . . . A poesía galega de Francisco de Fientosa (1912-1936) nos cinco idiomas ibéricos (2022) Colectivo Egeria.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Manuel María. Libro colectivo de homenaxe. 2017. Ed. Deputación Provincial de Lugo. Coordina Xosé Estévez.
- Cerna de Carballo. Libro colectivo en homenaxe a Xosé Manuel Carballo Ferreiro visto por 200 amigos/as. Ed. Xermolos.
- Poemas para Alfonso Blanco, Pregoeiro da luz. Ed. Concello de Guitiriz. Colectivo Egeria.
- Manuel Rodríguez López, 25 anos despois. Memoria viva dun poeta obreiro. Coordinador Antonio Giz. Edit. Galicia
- Pasado e presente de Santa María de Outeiro. Ed. Deputación de Lugo e outros.
- Festas 2010. Ponte de Outeiro. Ed. Comisión de festas.
- Festas 2011. Ponte de Outeiro. Ed. Comisión de festas.
- Letras no Lucus. Coordina Manuel Celso Matalobos.
- Antoloxía. 21 voces poéticas.8 de marzo. Versos na loita en común. Edición dixital en Culturalia GZ. 2020.
- Certame de poesía Rosalía de Castro de Cornellá. Xunta de Galicia. Coordinación: Xulio Couxil.
- Alén do silencio. Obra colectiva 2014. Abooks.
- IV, V E VI Edición dos premios do Certame Literario Terras de Chamoso. Edita Asoc. Cultural Arumes do Corgo. 2014.
- XV CERTAME LITERARIO. Concello de Ames. Narrativa e Poesía.Edit. Concello de Ames. 2019.
- XVII Certame Literario Concello de Paradela. Manuel Oreste Rodríguez López. Premios poesia, narrativa.Edit. Concello de Paradela. Deputación de Lugo. 2012.
- O NADAL. XXIII Certame de Xornalismo. Certame de Poesía.Centro Cultural "José Domínguez Guizán". 2009.
- O NADAL. XXXIV Certame de Xornalismo. Certame de Poesía.Centro Cultural "José Domínguez Guizán". 2010.
- O NADAL. XXXVI Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán" 2012.
- O NADAL. XXXVII Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán". 2013.
- O NADAL. XXXVIII Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán". 2014.
- O NADAL. XXXIX Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán". 2015.
- O NADAL. XL Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán" 2016. Begonte(Lugo).
- O NADAL. XLI Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán".2017. Begonte (Lugo). Xunta de Galicia. Concello de Begonte.
- O NADAL. XLII. Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán".2018. Begonte (Lugo). Xunta de Galicia. Concello de Begonte.
- O NADAL. XLIII. Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán".2019. Begonte. (Lugo). Xunta de Galicia. Concello de Begonte.
- O NADAL. XLIV. Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural "José Domínguez Guizán" 2020. Begonte (Lugo). Xunta de Galicia. Concello de Begonte.
- XXV Certame LIterario Concello de Paradela, Manuel Oreste Rodríguez López. Premios Poesía e Narrrativa. 2020
- O sorriso de Lilí. Homenaxe a Araceli Herrero Figueroa. Antonio Giz-Xulio Xiz. Ed. Colectivo EGERIA. Lugo, 2020.
- O NADAL. XLVI. Certame de Xornalismo. Certame de Poesía. Centro Cultural José Domínguez Guizán". 2022. Begonte. (Lugo). Xunta de Galicia. Egeria. Concello de Begonte. Xacobeo 21-22.
- O NADAL.XLVII. Certame de xornalismo. Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. La Voz de la Verdad, Lugo 2023.
- O NADAL EN BEGONTE. XLVIII Certames de XORNALISMO E POESÍA. La Voz de la Verdad, Lugo 2024.
- . . . de un reino secreto: LOS MARAGATOS DE LA PUERTA DE SAN PEDRO. Antonio Giz- Xulio Xiz. Fundación Pérez-Carro. Lugo 2024
Premios
[editar | editar a fonte]- Segundo premio no XXXIII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2007, por Nesta silandeira cremalleira de auga.
- Gañador do Premio do Concello de Vilalba no 2008, por "Atafegando o asfalto" e publicado posteriormente co título de Poemas da cidade.[9]
- Primeiro Premio na XVII Edición do Certame Literario "A Pipa" 2008.
- Primeiro Premio do XXXIII Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal". Begonte (Lugo) 2009.[10]
- Segundo premio do XXXV Certame literario de Vilalba no 2009, por Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas.
- Segundo Premio na XVIII Edición do Certame Literario "A Pipa" 2009
- Primeiro Premio do XXXIV Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal" Begonte. 2010
- Primeiro Premio no IV Certame de Poesía "Terras de Chamoso" 2010.
- Mención de Honor no Certame Internacional de Poesía e Conto Breve convocado polo Centro Cultural Rosalía de Castro de Buenos Aires 2011.
- Primeiro Premio no V Certame de Poesia "Terras de Chamoso" 2011
- Segundo Premio de poesía Anduriña Voandeira no 2011, por Na singradura dos desexos.
- Segundo Premio na XX Edición do Certame Literario "A Pipa" 2011.
- Segundo Premio do XXXVI Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal", Begonte 2012.
- Accésit na XVII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Paradela. 2012.
- Primeiro Premio no XXXVIII Certame Literario de Vilalba. 2012 por "Nenías chairegas"
- Primeiro Premio do XXXVII Certame Nacional de poesía sobre O Nadal, Begonte 2013.[11]
- Mención de Honor na XVIII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Paradela 2013.
- Segundo Premio no VII Certame Literario Terras de Chamoso. 2013
- Segundo Premio do XXXVIII Certame Nacional de Poesía sobres O Nadal de Begonte 2014.
- Terceiro Premio da XXVIII edición do Certame Literario Rosalía de Castro en Cornellà de Llobregat, Barcelona. 2014.
- Primeiro Premio do XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal, Begonte 2015.
- Primeiro Premio do XL Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal, Begonte 2016.[12][13]
- Primeiro Premio no XLII Certame Literario de Vilalba polo poemario "Telúrica" 2016.
- Primeiro Premio do XLI Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. Begonte 2017.[14]
- Primeiro Premio no I Certame de Poesía Galega "Editorial Cuestión de Belleza" Ourense 2018.[7]
- Primeiro Premio do XV Certame Literario do Concello de Ames 2018[7]
- Primeiro Premio do XLII Certame Nacional de Poesia sobre O Nadal. Begonte 2018.
- Terceiro Premio do III Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, Meira 2019
- Primeiro Premio do XLIII Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. Begonte 2019[15]
- Primeiro Premio do XLIV Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal. Begonte 2020.[16]
- Primeiro Premio do I Certame Literario "Historias detrás das ventás" (Poesía). El Progreso-Deputación de Lugo 2020
- Primeiro Premio da XXV Edición Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López (Poesía). Paradela, Lugo. 2020.[17]
- Segundo Premio do XLVI Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. Begonte 2022
- Segundo Premio do XLVII Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. Begonte 2023[18]
- Segundo Premio do XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. Begonte 2024[19]
Distincións
[editar | editar a fonte]- Recibiu en Castro de Rei o nomeamento e título de "Valuro de honra" de mans de Xosé Manuel Carballo o 28 de febreiro de 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Otero Canto". belendebegonte.es. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Xosé Otero Canto". aelg.gal. abril 2018. Consultado o 25 de novembro de 2019.
- ↑ "Presentación de Libro". bibliolucus.gal. 5 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ Otero Canto, Xosé (2016). As Catedrais, portas do misterio. Concello de Ribadeo. ISBN 9788460893424.
- ↑ "Telúrica". alvarellos.info. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Poesía de Xosé Otero Canto e música de Lucus Ensemble en honor da Muralla de Lugo". vivalugo.es. 30 de novembro de 2017. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Arias, Cristina (16 de maio de 2018). "El poeta chairego Xosé Otero Canto recibe dos nuevos premios literarios". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ Varela, Suso (23 de novembro de 2018). "Otero Canto presenta o seu premiado poemario". lavozdegalicia.es. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ Redacción (22 de agosto de 2008). "El chairego Xosé Otero Canto gana el primer premio del certamen literario del San Ramón". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ Redacción (23 de xaneiro de 2009). "Xosé Otero Canto e Lázaro Domínguez Gallegos, premios de poesía do Belén de Begonte". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ Redacción (15 de xaneiro de 2013). "Xosé Otero Canto e Pablo Núñez gañan o premio de poesía do belén de Begonte". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ "Xosé Otero Canto, Premio de poesía “Begonte e o Nadal”". lugoculturadixital.es. 20 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2019. Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ Redacción (20 de xaneiro de 2016). "Xosé Otero Canto, Premio de poesía “Begonte e o Nadal”". xornaldelugo.com. Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ "XOSÉ OTERO CANTO GAÑA O PREMIO DO XLI CERTAME DE POESÍA DO NADAL". galiciaenelmundo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Xosé Otero Canto gaña o concurso de poesía do Belén de Begonte". terrachaxa.com. 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ Mancebo, Marta (15-1-2020). "Xosé Otero Canto gaña o Certame Nacional de Poesía do belén de Begonte". elprogreso.es. Consultado o 19-5-2020.
- ↑ "Xosé Otero Canto, Alfredo Gómez Martínez y Agustín Pascual Pino ganadores del XXV CERTAMEN LITERARIO MANUEL ORESTE". deconcursos.com (en castelán). 1 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ "Xosé Otero Canto". belendebegonte.es. Consultado o 8 de xuño de 2024.
- ↑ Mancebo, Marta (19 de xaneiro de 2024). "María Soledad García Riveiro gana el certamen poético del belén de Begonte". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2024.