Xosé Crespo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1959 (65 anos) O Souto, España |
Alcalde de Lalín | |
2019 – ← Rafael Cuíña | |
Presidente Federación Galega de Municipios e Provincias | |
2003 – 2007 ← Manuel Cabezas – Carlos Fernández Castro → | |
Alcalde de Lalín | |
1990 – 2015 ← Xosé Cuíña – Rafael Cuíña → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Familia | |
Irmáns | Antonio Crespo Iglesias |
Xosé Crespo Iglesias,[1][2][3][4][5] nado no Souto, Xaxán (Lalín) o 12 de maio de 1959, é un político galego do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Lugo e iniciou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política como pedáneo da súa parroquia. Participou na constitución da cooperativa Aprodeza, da que foi presidente. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido concelleiro polo Partido Popular na lista que encabezaba Xosé Cuíña. Cando Cuíña foi elixido deputado autonómico e Conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas da Xunta de Galicia sucedeuno como alcalde de Lalín o 3 de febreiro de 1990. Continuou como alcalde de Lalín ao gañar as eleccións de 1991, 1995, 1999, 2003, 2007 e 2011 con maioría absoluta. En 2015 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía ó apoiar os demais grupos políticos como alcalde a Rafael Cuíña, candidato de Compromiso por Galicia e fillo do seu antecesor.
Foi secretario comarcal do Partido Popular do Deza e vicepresidente da Deputación de Pontevedra.
O 4 de decembro de 2003 converteuse en presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), posto que ocupou ata 2007. O 31 de maio de 2005 accedeu á vicepresidencia do Consello Territorial da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), posto que abandonou o 19 de setembro de 2015.
Designado coordinador da campaña electoral para as eleccións autonómicas de 2005, o 15 de xaneiro de 2006 foi nomeado secretario de organización do PPdeG.
Nas eleccións xerais de 2015 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra, onde se mantivo ata 2019.
Volveu a ser alcalde de Lalín en 2019, cando volveu gañar por maioría absoluta, ó igual que en 2023.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]É irmán de Antonio Crespo Iglesias, veterinario e tamén político do PP e, desde 2016, Presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Crespo Iglesias". www.lalin.gal. Consultado o 2022-11-27.
- ↑ "Discurso de investidura de D. Xosé Crespo Iglesias no acto de toma de posesión do seu V mandato como Alcalde de Lalín Lalín, 16 de xuño de 2007"
- ↑ "O PRESIDENTE DA FEGAMP, XOSÉ CRESPO IGLESIAS, NOMEADO VICEPRESIDENTE DO CONSELLO TERRITORIAL DA FEMP". www.fegamp.gal. Consultado o 2022-11-27.
- ↑ Xosé Crespo Iglesias (10/12/2004) "Resolución del Ayuntamiento de Lalín..." Boletín Oficial del Estado n.º 310 de 25/12/2004 (en castelán).
- ↑ Diario Oficial de Galicia Núm. 13. Martes, 20 de enero de 2009. Pág. 1.440 Xunta de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Crespo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 143. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de senadores galegos desde a Transición
- Eleccións municipais en Lalín
- Federación Galega de Municipios e Provincias
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Xosé Cuíña |
Alcalde de Lalín 1990 - 2015 |
Sucesor: Rafael Cuíña |
Predecesor: Rafael Cuíña |
Alcalde de Lalín 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: Manuel Cabezas |
Presidente da Fegamp 2003-2007 |
Sucesor: Carlos Fernández Castro |