Xoscelino I, conde de Edesa
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1072 (Gregoriano) ![]() Courtenay, Francia ![]() |
Morte | 1131 (Gregoriano) ![]() Şanlıurfa, Turquía ![]() |
Lugar de sepultura | Santo Sepulcro ![]() |
Conde de Edesa | |
1118 – 1131 | |
Príncipe de Galilea e señor de Tiberíades | |
1112 – 1119 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante, monarca, realeza, feudatario, político ![]() |
Outro | |
Título | Conde de Edesa (1118–1131) Príncipe de Galilea e señor de Tiberíades (1112–1119) ![]() |
Familia | Casa de Courtenay ![]() |
Cónxuxe | Beatriz de Armenia Marie de Hauteville ![]() |
Fillos | Xoscelino II de Edesa ( ![]() Estefanía de Courtenay ![]() |
Pais | Xoscelino de Courtenay ![]() ![]() |
Irmáns | Miles de Courtenay Hodierne de Courtenay ![]() |
![]() |
Xoscelino I, conde de Edesa, nado en Courtenay, Loiret, reino de Francia, e finado en 1131, foi un nobre franco da Casa de Courtenay que gobernou como señor de Turbessel, príncipe de Galilea (1112-1119) e conde de Edesa (1118-1131). O condado de Edesa alcanzou o cénit durante o seu goberno. Foi un dirixente belicoso e, malia ser capturado en dúas ocasións, Xoscelino continuou expandindo o seu condado e, mesmo, participou na batalla de Azaz en 1125. Foi gravemente ferido durante o colapso dunha mina de zapadores, mais Xoscelino marchou co seu exército para aliviar a fortaleza asediada de Kaysun, e morreu pouco despois.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Xoscelino era o fillo segundón de Xoscelino I de Courtenay e Isabel, filla de Guido I de Montlhéry.[1] Chegou a Terra Santa durante a Cruzada de 1101, e entrou primeiro ao servizo do seu curmán o conde Balduíno II de Edesa -a nai de Xoscelino era tía de Balduíno- quen o investiu co señorío de Turbessel.[2] Máis tarde Xoscelino serviu no exército de Estevo de Blois.
Campañas de saqueo
[editar | editar a fonte]Pronto comezou a participar en incursións na procura de botín. Así, en 1103, participou nas razzias de Bohemundo I de Antioquía, polas terras de Alepo nas que conquistaron a cidade de Muslimiye e impuxeron tributos aos musulmáns da zona.[3] Na primavera de 1104, arrebataron aos bizantinos a cidade de Marash, e continuaron os saqueos contra todo o territorio musulmán de Alepo. Pronto se decataron de que a cidade de Harran era a clave para poder continua-los ataques contra toda Mesopotamia e, mesmo, contra Mosul. Aproveitando a guerra civil no mundo musulmán, intentaron atacar a cidade e xuntaron as tropas coas de Balduíno e coas do arcebispo de Edesa, sumando case tódalas forzas dos francos do norte de Siria, descontando as gornicións das fortalezas e cidades propias, un total de tres mil cabaleiros e case dez mil de infantería.[4] Tras a batalla de Harran, a derrota dos francos foi total e Xoscelino e Balduíno foron capturados.[5][6]
Despois de pasar a mans de Ilghazi, gobernante de Mardin, Xoscelino foi rescatado por 20.000 dinares en 1107.[7]
En 1113, Xoscelino creara un estado semiautónomo ao redor de Turbessel ao oeste do Éufrates, onde a terra era moi fértil, mentres que o seu primo Balduíno controlaba o territorio ao leste do Éufrates ao redor da propia Edesa, practicamente despoboado, que foi continuamente acosado polos turcos selxúcidas. Ese ano, Balduíno desposuíuno de Turbessel,[8] mentres Xoscelino viaxara ao Reino de Xerusalén, onde foi nomeado príncipe de Galilea.[9]
Condado
[editar | editar a fonte]
En 1118, o primo de Xoscelino, Balduíno II, sucedeu a Balduíno I como rei de Xerusalén. A pesar da súa antiga hostilidade, Xoscelino apoiou plenamente a Balduino II sobre a candidatura do irmán de Balduino I, o conde Eustaquio III de Boulogne,[10] polo que foi recompensado co condado de Edesa.[11]
Xoscelino foi feito prisioneiro xunto con Waleran de Le Puiset en 1122 preto de Saruj por Belek Ghazi.[12] Máis tarde, uniuse no cativerio en Kharput co rei Balduíno II, que fora capturado en abril de 1123.[13] Foron rescatados por cincuenta soldados armenios contratados pola raíña Morfia de Melitene, que se disfrazaron de comerciantes e se infiltraron na fortaleza onde estaban gardados os prisioneiros.[14] Os armenios mataron aos gardas e liberaron aos reféns,[14] Porén, o castelo pronto foi asediado por unha gran forza artúquidas e decidiuse que Xoscelino procurara axuda.[14] Balduino quedou na fortaleza e despois dun tempo foi recuperada polos artúquidas.[13]
Despois de regresar a Edesa Xoscelino puido ampliar o territorio do condado, e en 1125 participou na Batalla de Azaz, unha vitoria dos cruzados contra as forzas do atabeg de Mosul, que estaban dirixidas por Aq-Súnqur al-Bursuqí.[15] En 1131, durante o asedio dun pequeno castelo ao nordeste de Alepo, unha mina de zapadores derrubouse e Xoscelino resultou gravemente ferido.[16] Despois diso, recibiu a noticia de que o emir Gazi Gümüshtigin estaba asediando a cidade fortaleza de Kaysun.[15] Cando o seu propio fillo, o futuro Xoscelino II, rexeitou atacar a Gazi, mandou que o seu propio exército marchase cara a Kaysun.[15] Xoscelino foi transportado nunha liteira, e cando Gazi soubo que o exército de Xoscelino se achegaba, levantou o cerco e retirouse.[15] Xoscelino gañou a súa batalla final e morreu pouco despois.[15]
Matrimonio e descendencia
[editar | editar a fonte]Xoscelino casou cunha nobre armenia chamada Beatriz,[17] filla do príncipe Constantino I, señor de Armenia.[18] Tiveron un fillo, Xoscelino II de Edesa mais, este, morreu en 1119.[1]
En 1122, volveu casar con María, filla de Ricardo de Salerno e irmá de Roger, rexente do Principado de Antioquía, e tiveron unha filla, Estefanía.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 La Monte 1942, pp. 100-101
- ↑ Runciman (2002), p. 47
- ↑ Runciman (2002), p. 48
- ↑ Runciman (2002), p. 50
- ↑ Fink 1969, p. 389
- ↑ Runciman (2002), p. 51
- ↑ Runciman 1951, p. 111.
- ↑ Runciman 1951, p. 124
- ↑ MacEvitt 2008, p. 153
- ↑ Runciman 1951, p. 143
- ↑ Runciman 1951, p. 144
- ↑ Nicholson 1969, p. 418
- ↑ 13,0 13,1 Nicholson 1969, p. 419
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Runciman 1951, p. 163
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 MacEvitt 2019, p. 682
- ↑ Elisseeff 1991, p. 380
- ↑ Runciman 1951, p. 190
- ↑ Morton 2020, p. 86
- ↑ Runciman 1951, p. 126
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elisseeff, N. (1991). "Manbidj". En Bosworth, C.E.; Van Donzel, E; Pellat, Ch. The Encyclopaedia of Islam (Volume VI: Mahk–Mid) (en inglés) (2ª ed.). Leiden: E. J. Brill. ISBN 978-90-04-08112-3.
- La Monte, John L. (xaneiro 1942). The University of Chicago Press, ed. "The Lords of Le Puiset on the Crusades". Speculum (en inglés) 17 (1): 100–118. JSTOR 2856610. doi:10.2307/2856610.
- MacEvitt, Christopher (2008). The Crusades and the Christian World of the East: Rough Tolerance (en inglés). University of Pennsylvania Press.
- MacEvitt, Christopher (2019). "Joscelin, Count of Edessa". En Tucker, Spencer C. Middle East Conflicts from Ancient Egypt to the 21st Century (en inglés). Santa Barbara, CA: ABC-CLIO. ISBN 9781440853531. OL 35549846M.
- Morton, Nicholas (2020). The Crusader States and Their Neighbours: A Military History, 1099-1187 (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-882454-1.
- Nicholson, Robert L. (1969 [1955]). "The Growth of the Latin States, 1118-1144". En Setton, Kenneth M.; Baldwin, Marshall W. A History of the Crusades, Volume I: The First Hundred Years (en inglés). Madison, Milwaukee, e Londres: University of Wisconsin Press. pp. 410-448. ISBN 0-299-04834-9.
- Runciman, Steve (2002). Historia de las Cruzadas (vol. II: El Reino de Jerusalén y el Oriente Franco 1100-1187). Colección: Alianza Universidad (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2997-9.
Predecesor: Balduíno I |
![]() Conde de Edesa 1131 - 1150 |
Sucesor: Xoscelino II de Edesa |