Constantino I, señor de Armenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Constantino I, señor de Armenia
Nacementopost. 1050
Falecemento1102
CausaRelampo
Etniapobo armenio
Ocupaciónrexente
PaiRubén I de Armenia
FillosThoros I, príncipe de Armenia, Leão I da Arménia, Beatrice of Armenia e Leo, Prince of Armenia
Na rede
WikiTree: Armenia-6
editar datos en Wikidata ]

Constantino I ou Kostandin I (1035–1040[1] – c. 1100[2]) foi o segundo señor da Cilicia armenia (1095 – c. 1100). Gobernou a maior parte das rexións dos montes Tauros, mentres xestionaba as cidades e as terras do seu dominio. Proporcionou abundantes provisións aos cruzados, por exemplo durante o difícil período do asedio de Antioquía no inverno de 1097. Era un apaixonado partidario da separada Igrexa armenia.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Era fillo de Rubén I.[1] Seu pai declarou a independencia de Cilicia do Imperio Bizantino ao redor de 1080. Segundo os cronistas Mateo de Edesa e Sempad o Condestable, Constantino tamén é identificado como príncipe do rei Gagik II, ou algún tipo de comandante militar do clan do monarca no exilio.

Tras o asasinato do rei Gagik II, o pai de Constantino reuniu á súa familia e fuxiu ás montañas Taurus e refuxiouse na fortaleza de Kopitar (Kosidar) situada ao norte de Sis (hoxe Kozan en Turquía).[4] En 1090, Roupen non era capaz de dirixir as súas tropas, polo que o seu fillo Constantino herdou o seu mando e conquistou o castelo de Vahka.[1] O dominio deste desfiladeiro fixo posible a fiscalización dos impostos sobre as mercadorías transportadas dende o porto de Ayas cara á parte central de Asia Menor, fonte de riqueza á que debían o seu poder os roupenios.

O seu reinado[editar | editar a fonte]

Despois da morte do seu pai en 1095,[1] Constantino estendeu o seu poder cara ao leste cara ás montañas Anti-Taurus.[3] Como gobernante cristián armenio no Levante, axudou ás forzas da Primeira Cruzada a manter o asedio de Antioquía ata que este caeu en mans dos cruzados.[5] Os cruzados, pola súa banda, apreciaron debidamente a axuda dos seus aliados armenios: Constantin foi honrado con agasallos, o título de "marqués" e un título de cabaleiro.[2]

A Cronografía de Samuel de Ani rexistra que Constantino morreu pouco despois de que un raio golpeara a súa mesa na fortaleza de Vahka. Foi enterrado en Castalon.[2]

Casamento e fillos[editar | editar a fonte]

Segundo a Crónica de Alepo, a súa muller descendía de Bardas Phokas.

  • Beatriz (en armenio, Բեատրիս Ռուբինյան) (? - antes de 1118), a esposa do conde Joscelin I de Edesa[6]
  • Thoros I, señor da Cilicia armenia (? - 17 de febreiro de 1129 / 16 de febreiro de 1130).[2]
  • León I, señor da Cilicia armenia (? - Constantinopla, 14 de febreiro de 1140).[2]
  • unha filla de nome descoñecido que casou con Gabriel de Melitene

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ghazarian 2018, p. 47
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ghazarian 2018, p. 49
  3. 3,0 3,1 Runciman 1999, p. 196-197
  4. Ghazarian 2018, p. 46
  5. Ghazarian 2018, p. 47, 49
  6. Morton 2020, p. 86

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ghazarian, Jacob G. (2018). The Armenian Kingdom in Cilicia during the Crusades: The Integration of Cilician Armenians with the Latins (1080–1093) (en inglés). Londres: Taylor & Francis. ISBN 9780203037294. doi:10.4324/9780203037294. 
  • Morton, Nicholas (2020). The Crusader States and Their Neighbours: A Military History, 1099-1187. Londres: Oxford University Press. ISBN 9780198824541. doi:10.1093/oso/9780198824541.001.0001. 
  • Runciman, (1999)., Steven (1999). A History of the Crusades. Vol. I (The First Crusade and the Foundation of the Kingdom of Jerusalem). Cambridge University Press. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Rubén I de Armenia

Constantino I
Señor de Partzenbert

Señor armenio de Cilicia
1095 - 1102

Sucesor:
Thoros I, príncipe de Armenia